Bandeira de Costa do Marfil
A bandeira de Costa do Marfil é unha tricolor, inspirada na bandeira de Francia, que está formada por tres franxas verticais do mesmo ancho, sendo de cor laranxa a do lado do mastro, de cor branca a central e verde a exterior. A bandeira foi adoptada o 3 de decembro de 1959, pouco antes da independencia do país.
Bandeira de Costa do Marfil | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 3 de decembro de 1959 |
Cores | Laranxa Branco Verde |
Cores e simbolismo
editarEn 1959, cando a Asemblea Lexislativa do país estaba decidindo a bandeira que adoptar, o ministro de Estado Jean Delafosse dixo:[1]
O Emblema Nacional debe ser un símbolo vivo da patria:
- laranxa: en honra á cor da nosa rica e xenerosa terra; é o significado da nosa loita, o sangue da xente nova na súa loita pola nosa emancipación;
- branco: paz, pero a paz do dereito;
- verde: esperanda, por suposto, para outros; pero para nos, a certeza dun futuro mellor.
Gabriel Rougerie escribiu en 1964, "A bandeira une as cores das tres grandes paixases de Costa do Marfil: os bosques verdes, o branco da lagoa Ébrié e o laranxa da sabana."[2]
É moi parecida á bandeira de Irlanda, da que difire unicamente na disposición invertida das cores e polas proporcións.
Notas
editar- ↑ "Symboles". Official website (en French). Ivory Coast: Office of the President. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2013. Consultado o 7 de marzo de 2018.
L’Emblème National doit être le vivant symbole de la patrie :
- l’orange rappelant la couleur de notre terre riche et généreuse, c’est le sens de notre lutte, le sang d’un peuple jeune dans sa lutte pour notre émancipation ;
- le blanc, la paix, mais la paix du droit ;
- le vert, l’espérance, certes pour d’autres, mais pour nous, la certitude d’un devenir meilleur
- ↑ Rougerie, Gabriel (1964). La Côte d'Ivoire (en French). Presses Universitaires de France. p. 6. ISBN 9782130371489.
Le drapeau unit les couleurs des trois grands paysages de la Côte d'Ivoire, forêt verte, lagune blanche et savane orangée.