Escoto[1] refírese ao nome que os antigos romanos deron orixinalmente a unha tribo de colonos celtas da illa de Irlanda que viñan da Gran Bretaña romana. Estaban asentados nas Terras Altas Occidentais de Escocia e posteriormente estendérondose por toda Escocia durante os séculos IV e V, dando nome a esa nación. O seu nome foi substituído máis tarde polo termo "Gael", do celta Gaidheal/Gaedheal, que hoxe dá nome á súa lingua celta, o gaélico escocés.

Escoto
Poboación
Poboación total:
indeterminada
Rexións principais:
Illa de IrlandaTerras Altas Occidentais de Escocia; posteriormente Escocia enteira
Aspectos culturais
Grupos
relacionados
Enfrontáronse aos pictos até que se fusionaron no Reino de Escocia (844).

As tribos bélicas dos escotos, xunto cos pictos e os misteriosos atticotti, causaron amplos problemas á administración romana da provincia da Britania, con violentas incursións e incursións. Cos romanos evacuando a illa e deixándoa nun estado de anomía e guerras endémicas, moitos escotos atopáronse co control das partes occidentais de Gran Bretaña, tras emigrar e colonizar as costas de Gales e Escocia.

Asentáronse a partir do s. VI na rexión occidental de Escocia onde formaron o reino de Dalriada. Enfrontáronse aos pictos até que se fusionaron os dous pobos e os seus territorios no Reino de Escocia, no 844.

  1. "escoto -ta". DIGALEGO. Consultado o 2022-11-20. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

----

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.