Escorpión I

Escorpión I foi o primeiro dos gobernantes do Alto Exipto con ese nome, durante a etapa Naqada III. O seu nome pode referirse á deusa escorpión Selket, aínda que a evidencia suxire que o aumento de popularidade de Selket está no Antigo Reino, dando dúbida de que Escorpion tomase realmente o seu nome dela. Foi un dos primeiros gobernantes do Antigo Exipto.

Escorpión I
Faraón
Skorpionkönig.png

ReinadoC. principios-mediados - Século -XXXII
Nacementoc. -3250
SepulturaTumba U-j, Umm El Qa'ab, Abidos, Exipto
PredecesorTouro? propietario da tumba U-k?
SucesorDobre Falcón? propietario da tumba U-i? Máis tarde Horus-Iry

HistoriaEditar

Crese que Escorpión viviu en Tinis un ou dous séculos antes do dominio do coñecido Escorpión II de Nekhen e é presuntamente o primeiro verdadeiro rei do Alto Exipto. A el pertence a tumba U-j atopada no cemiterio real de Abidos onde eran enterrados os reis de Tinis. Esa tumba foi saqueada na antigüidade, pero nel atopáronse moitas pequenas placas de marfil, cada unha cun buraco para atala a algo, e cada unha marcada cun ou varios xeróglífos tipo imaxes rabuñadas que se pensan que son nomes de cidades, quizais para vincular as ofrendas e os tributos e facer un seguimento de onde procedían. Dúas destas placas parecen nomear as cidades Baset e Buto, demostrando que os exércitos de Escorpión penetraron no Delta do Nilo. Pode que as conquistas de Escorpión iniciasen o sistema xeróglifo exipcio iniciando a necesidade de manter os rexistros por escrito.[1]

Recientemente [cando?] descubríuse un grafito dun neno de 5.000 anos na estrada do deserto de Tebas que tamén leva os símbolos de Escorpión e describe a súa vitoria sobre outro gobernante protodinástico (posiblemente o rei de Naqada). O rei ou lugar derrotado chamado no grafito foi "Cabeza de Touro", unha marca tamén atopada en U-j.[1]

Tumba de Horus Escorpión IEditar

A tumba de Escorpión é coñecida nos círculos de arqueoloxía pola posible evidencia dun antigo consumo de viño. Nunha busca da tumba, os arqueólogos descubriron ducias de frascos de cerámica importados que conteñen un residuo amarelo similar ao viño, datados ao redor do 3150 a.C. Nos frascos atopáronse residuos químicos de herbas, resinas de árbores e outras substancias naturais. Tamén se atoparon na tumba sementes de uva, pel e polpa seca.[2][3]

A tumba ten doce cámaras, 9,10 m. x 7,3 m., e contiña recipientes de doazón, canas de marfil, un cetro real e varios centos de tarros de viño que, en parte, foron importados da área de Canaan. As etiquetas dos tarros representan a evidencia máis antiga coñecida de posibles signos escritos lexibles fonéticamente en Exipto.  

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Secrets of Egypt, Channel 5 TV program 2/8, "Scorpion King," 20 de novembro de 2008.
  2. Kaufman, Marc (January 11, 2011). "Ancient winemaking operation unearthed". The Washington Post. 
  3. "Scorpion King's Wines--Egypt's Oldest--Spiked With Meds". nationalgeographic.com. 

Véxase taménEditar