Esaú de' Buondelmonti
Esaú de' Buondelmonti (en italiano: Esaù de' Buondelmonti, grego: Ησαύ Μπουοντελμόντι), nado probabelmente en Florencia sobre o 1355 e finado o 6 de febreiro de 1411, foi o gobernante de Ioánnina e os seus arredores (Epiro central) desde 1385 até a súa morte, co título bizantino de déspota.
Nome orixinal | (it) Esaù de' Buondelmonti |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1355 (Gregoriano) Florencia, Italia |
Morte | 6 de febreiro de 1411 (55/56 anos) Ioannina, Grecia |
Déspota de Epiro | |
1385 – 1411 ← María Anxelina Ducaina Paleóloga – Giorgio de' Buondelmonti → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Familia | |
Familia | Buondelmonti (en) |
Cónxuxe | María Anxelina Ducaina Paleóloga Eudokia Balšić |
Fillos | Giorgio de' Buondelmonti () Eudokia Balšić |
Pais | Manente Buondelmonti e Lapa Acciaiuoli |
Irmáns | Maddalena Buondelmonti |
Traxectoria
editarEsaú era o fillo do nobre florentino Manente Buondelmonti e de Lapa Acciaioli, irmá de Niccolò Acciaioli de Corinto. Esaú chegara a Grecia para buscar fortuna como os seus parentes da familia Acciaioli, pero en 1379 fora capturado nunha batalla contra Tomé Preljubović de Epiro. Despois de pasar varios anos preso, acabou sucedendo ao seu captador ao casar coa viúva deste último, María Anxelina Ducaina Paleóloga en febreiro de 1385.
Esaú inmediatamente reverteu as políticas impopulares do tiránico Tomé, chamando aos nobres exiliados e restablecendo a Mateo, o bispo de Ioánina que fora expulsado. O novo gobernante seguiu unha política de pacificación, e buscou reconciliación tanto cos clans albaneses como co Imperio bizantino. En 1386 unha embaixada bizantina chegou a Ioánina e investiu a Esaú co título de déspota. Aínda que o seu territorio era totalmente independente de Constantinopla, este recoñecemento axudoulle a fortalecer e lexitimar a súa posición.
Con todo, atopou difícil chegar a un acordo cos albaneses. En 1385 Xoán Spata, déspota de Arta, marchou sobre Ioánina, pero Esaú logrou preparar as defensas a tempo, obrigando ao líder albanés a se retirar. Neste punto, Esaú viuse obrigado a seguir a política de Tomé de tentar conseguir o apoio dos turcos otománs e visitou a corte do sultán Murad I para lle render homenaxe en 1386. Esta alianza trouxo un respiro ao conflito en Epiro, pero a paz terminou logo da batalla de Kósovo e a morte de Murad en 1389. Ioánina foi novamente ameazada, e Esaú conseguiu outra vez evitar o desastre coa axuda dos otománs.
Regresando á súa capital despois de catorce meses (1399-1400) de estar na corte de Bayezid I, Esaú recibiu o apoio do comandante otomán Gazi Evrenos e rapidamente derrotou aos albaneses. A morte de María en decembro de 1394 foi seguida por un novo conflito con Spata, que foi resolto a través da diplomacia. En xaneiro de 1396, Esaú casou con Irene, a filla de Spata, como parte do acordo de paz, pero a paz aínda resultaba difícil de alcanzar. Sen precisar máis do apoio turco, Esaú terminou enfrontándose cos seus antigos aliados e derrotounos, o que lle fixo confiar no seu propio poder.
En 1399 Esaú, apoiado por algúns clans albaneses, marchou contra o cuñado da súa esposa Xoán Zenevisi de Gjirokastra, con todo, foi derrotado e capturado, e gran parte das súas terras foron ocupadas por Zenevisi. Os magnates veciños decidiron restaurar ao déspota prisioneiro e pediron a intervención da República de Venecia para conseguila. Esaú regresou a Ioánina en 1400, gobernando en relativa paz até a súa morte o 6 de febreiro de 1411.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fine, John Van Antwerp (c1987),The Late Medieval Balkans: A Critical Survey from the Late Twelfth Century to the Ottoman Conquest, University of Michigan Press, ISBN 0472100793
- Kazhdan, Alexander, ed. (1991), Oxford Dictionary of Byzantium, Oxford University Press, ISBN 978-0-19-504652-6
- Miller, William (1908), The Latins in the Levant, a History of Frankish Greece (1204–1566), Nova York: E.P. Dutton and Company
- Nicol, Donald MacGillivray (2010), The Despotate of Epiros 1267–1479: A Contribution to the History of Greece in the Middle Ages, Cambridge University Press, ISBN 978-0-521-13089-9[1]
- Soulis, George Christos (1984), The Serbs and Byzantium during the reign of Tsar Stephen Dušan (1331–1355) and his successors, Dumbarton Oaks, ISBN 0-88402-137-8