Tomé Preljubović
Tomé Preljubović (en serbio: Тома Прељубовић/Toma Preljubović; grego: Θωμάς Κομνηνός Παλαιολόγος, Thōmás Komnēnós Palaiólogos), finado o 23 de decembro de 1384, foi gobernante de Epiro en Ioánina desde 1366 até a súa morte. Tamén ostentou o título de «asasino de albaneses» (Αλβανοκτόνος albanoktónos).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Ioannina, Grecia |
Morte | 23 de decembro de 1384 Ioannina, Grecia |
Causa da morte | homicidio |
Relixión | Igrexa ortodoxa serbia |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Déspota |
Cónxuxe | María Anxelina Ducaina Paleóloga |
Fillos | Irene Preljubović |
Pai | Gregório Preljub |
Traxectoria
editarOrixes
editarTomé era o fillo do César Gregorio Preljub (en grego: Γρηγόριου Πρελούμπου), o gobernador serbio de Tesalia, que faleceu a finais de 1355 ou comezos de 1356. A súa nai Irene era unha filla de Estevo Uroš IV Dušan de Serbia e Helena de Bulgaria.
Vida
editarDespois da violenta morte do seu pai, a pretensión de Tomé por Tesalia foi impugnada pola súa nai Irene, pero víronse obrigados a fuxir a Serbia polo avance de Nicéforo II Orsini en 1356. Aí, Irene casou con Radoslav Hlapen, o gobernante de Vodena, que tomou baixo a súa protección a Tomé.
Durante a ausencia do novo gobernante de Tesalia, Simeón Uroš, no Despotado de Epiro en 1359-1360, Hlapen invadiu Tesalia, tratando de gañalo para o seu fillastro. Aínda que Simeón logrou conter a invasión, viuse obrigado a ceder Kastoriá a Tomé e a que casase coa súa filla María. Durante os seguintes anos, Simeón Uroš recoñeceu que non podía exercer a súa autoridade efectiva sobre a maior parte de Epiro e delegou o poder en Arta e Angelokastro aos xefes locais albaneses. En 1366 os cidadáns de Ioánnina, a última fortaleza importante que permanecía baixo o control de Simeón, envioulle unha petición para nomear un gobernador que puidese protexelos das incursións dos clans albaneses.
Simeón Uroš respondeu mediante a designación do seu xenro como o seu gobernador. Tomé entrou en Ioánnina nalgún momento entre 1366 ou 1367. O seu reinado en Epiro é reflectido con moito detalle na chamada Crónica de Ioánnina, que ten prexuízos e hostilidade contra Preljubović. Represéntano como un cruel e caprichoso tirano. Tomou varias propiedades da Igrexa de Ioánnina e concedeullas aos seus partidarios serbios. En 1382 un novo designado para o arcebispado local, Mateo, foi enviado desde Constantinopla, e investiu a Tomé co título de déspota en nome do emperador bizantino Xoán V Paleólogo. Con todo, despois entrou en conflito co arcebispo e exiliouno de Ioánnina.
Tomé tamén foi acusado de perseguir á nobreza local, que inspirou unha serie de revoltas contra o seu goberno. Ademais de apoderarse dos bens eclesiásticos e privados, estableceu novos impostos e monopolios en diversos produtos, incluíndo peixe e froita. Ademais de confiar nas súas forzas militares para facer cumprir estas impostas, Tomé emprendeu unha guerra continua contra os albaneses de Arta e Angelokastron.
Pouco despois de tomar posesión de Ioánnina, foi cercado sen éxito por Pedro Losha de Arta. Tomé casou á súa filla co fillo de Losha en 1370, satisfacendo aos albaneses e pondo fin aos conflitos. En 1374, Pedro morreu de peste en Arta, despois do cal Xoán Spata se fixo cargo da cidade. Nese momento Xoán non estaba obrigado polos acordos con Tomé; puxo sitio a Ioánnina e arrasou o resto do país. Tomé trouxo a paz cando casou á súa irmá Helena con Xoán Spata ao ano seguinte. Con todo, os ataques á cidade continuaron, polos malacasios, que foron derrotados dúas veces por Preljubović (1377 e 1379). En maio de 1379, Xoán Spata devastou o país.
Continuamente acosado, Tomé pediu axuda aos seus veciños francos e logo otománs. Este último respondeu rapidamente e enviou unha forza auxiliar en 1381. Tomé puxo esta forza a bo uso e conquistou moitas fortalezas inimigas en 1381-1384. Os seus implacábeis éxitos valéronlle o epíteto de «asasino de albaneses» (Αλβανοκτόνος, Albanoktónos).
Con todo, Tomé chegara a ter malas relacións coa súa esposa María, que participou na posterior conspiración contra o seu marido. O 23 de decembro de 1384, Tomé foi asasinado polos seus gardas e a poboación de Ioánnina xurou lealdade á súa viúva e convidou ao seu irmán Xoán Uroš Ducas Paleólogo que viñese e a asesorase no goberno.
Descendencia
editarCunha amante descoñecida, Tomé Preljubović tivo unicamente unha filla:
- Irene, quen casou con Xoán Losha de Arta, e morreu en 1374 ou 1375.
Coa súa esposa María Anxelina Ducaina Paleóloga, Tomé tivo posibelmente un fillo:
- Preljub, que puido morrer novo.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fine, John Van Antwerp (c1987),The Late Medieval Balkans: A Critical Survey from the Late Twelfth Century to the Ottoman Conquest, University of Michigan Press, ISBN 0472100793
- Kazhdan, Alexander, ed. (1991), Oxford Dictionary of Byzantium, Oxford University Press, ISBN 978-0-19-504652-6
- Miller, William (1908), The Latins in the Levant, a History of Frankish Greece (1204–1566), Nova York: E.P. Dutton and Company
- Nicol, Donald MacGillivray (2010), The Despotate of Epiros 1267–1479: A Contribution to the History of Greece in the Middle Ages, Cambridge University Press, ISBN 978-0-521130899[1]
- Soulis, George Christos (1984), The Serbs and Byzantium during the reign of Tsar Stephen Dušan (1331–1355) and his successors, Dumbarton Oaks, ISBN 0-88402-137-8