Erythrogonys cinctus

Erythrogonys cinctus

Erythrogonys cinctus en Chiltern, Victoria, Australia
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Charadriidae
Subfamilia: Vanellinae
Xénero: ''Erythrogonys''
Gould, 1838
Especie: ''E. cinctus''
Nome binomial
' Erythrogonys cinctus '
Gould, 1838

Erythrogonys cinctus é unha especie de ave caradriforme da familia Charadriidae. É monotípica dentro do xénero Erythrogonys.

Descrición editar

É unha ave de tamaño mediano, mide entre 17 e 20 cm de lonxitude, 33 e 38 cm de envergadura e pesa entre 40 e 55 gramos. Os adultos teñen unha carapucha negra que parte do peteiro, esténdese polos ollos e fusiónase na caluga co gris-marrón do dorso. O queixo e a gorxa son brancas. Ten unha banda ancha de cor negra no peito que se estende aos flancos como unha franxa castaña. O ventre e a cloaca son brancos. As patas son vermellas e o peteiro é vermello coa punta escura.

Aliméntase de artrópodoss, moluscoss, anélidos e sementes. Normalmente é gregaria e asociarase con outras limícolas da súa mesma ou diferentes especies, mesmo durante a reprodución. É nómade e en ocasións irruptiva.

Distribución editar

É nativa da parte continental Australia e Nova Guinea, reportada como vagabunda en Tasmania, Palau e Nova Zelandia.[2]

Reprodución editar

Xeralmente reprodúcese de outubro a xaneiro, aínda que pode aniñar noutros meses se existen as condicións axeitadas de auga.[3] Aniña no chan nas marxes das zonas húmidas, ás veces utilizando os niños doutras aves. A posta é xeralmente de catro ovos de cor crema profusamente cubertos de liñas, pencas ou manchas. As aves novas son precoces e nidífugas.

Notas editar

  1. BirdLife International (2012). "Erythrogonys cinctus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2014.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 9 de febreiro de 2015. 
  2. "Red-kneed Dotterel (Erythrogonys cinctus) - BirdLife species factsheet". datazone.birdlife.org. Consultado o 2022-06-02. 
  3. Pizzey, Graham; Knight, Frank (1997). Birds of Australia. Londres: HarperCollins. p. 212. ISBN 978-0-00-220132-2. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Marchant, S.; Higgins, P.J.; & Davies, J.N. (eds). (1994). Handbook of Australian, New Zealand and Antarctic Birds. Volume 2: Raptors to Lapwings. Oxford University Press: Melbourne. ISBN 0-19-553069-1
  • National Photographic Index of Australian Wildlife. (1987). The Shorebirds of Australia. Angus & Robertson: Sidney. ISBN 0-207-15348-5

Ligazóns externas editar