Abrir o menú principal

Ernesto Gómez

futbolista español
(Redirixido desde "Ernesto Gómez Gómez")

Ernesto Gómez Goméz, máis coñecido como Ernesto, nado o 26 de abril de 1985 en Madrid, é un futbolista profesional español. Xoga de centrocampista.

Ernesto
Información persoal
Nome completo Ernesto Gómez Gómez
Nacemento 26 de abril de 1985 (34 anos)
  Madrid
Nacionalidade España
Altura 1,78 m
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Lugo
Número 10
Carreira xuvenil
Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2004–2006 Real Madrid B 21 (0)
2006–2007 Málaga 12 (0)
2007–2009 Ponferradina 73 (5)
2009–2010 Alcorcón 40 (1)
2010–2012 Guadalajara 71 (16)
2012–2013 Recreativo 8 (0)
2013–2015 Lugo 9 (1)
Selección nacional
2003 España sub-17 3 (1)
2003 España sub-18 3 (0)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

‡ Actualizado a 3 de maio de 2014

TraxectoriaEditar

Ernesto Gómez formouse nas categorías inferiores do Real Madrid. Foi internacional coa selección española en categorías inferiores (Sub-17 e Sub-18). Entre 2004 e 2006 formou parte do primeiro filial branco, o Real Madrid Castilla. Non chegou a debutar en partido oficial co primeiro equipo madridista, aínda que si disputou algúns partidos de carácter amigable.

No verán de 2006 ficha polo Málaga CF. Ao ano seguinte, é fichado pola SD Ponferradina, club co que disputaría as dúas tempadas seguintes. A tempada 2009/10 xogouna no Alcorcón, no que participaría activamente nos dous maiores fitos na historia deste club: o "alcorconazo" e o ascenso á Segunda División. No verán de 2010 Ernesto ficha polo CD Guadalajara. Co cadro alcarreño conseguiría un novo ascenso á Liga Adelante, conseguindo ademais o gol decisivo. É un dos alicerces do club alcarreño na tempada do seu debut no fútbol profesional, xogando 35 partidos de liga e anotando 9 goles. Trala mesma, marcharse para fichar polo Recreativo de Huelva, onde non ten continuidade debido a unha lesión. Ao final da tempada o equipo andaluz dalle a carta de liberdade, o que lle permite asinar co Club Deportivo Lugo.

ClubsEditar

Club Categoría Ano PX Goles
Real Madrid Castilla Segunda B 2001-2002 1 0
Real Madrid Castilla Segunda B 2004-2005 4 0
Real Madrid Castilla Segunda 2005-2006 16 0
Málaga Segunda 2006-2007 12 0
Ponferradina Segunda B 2007-2008 33 2
Ponferradina Segunda B 2008-2009 33 1
Alcorcón Segunda B 2009-2010 34 1
Guadalajara Segunda B 2010-2011 32 4
Guadalajara Segunda 2011-2012 35 9
Recreativo Segunda 2012-2013 8 0
Lugo Segunda 2013-2014 9 1
Lugo Segunda 2014-2015 0 0

Véxase taménEditar