Ernesto Ferro

actor galego

Ernesto Ferro Borrajo, nado en Ourense en 1926 e finado na mesma cidade o 10 de febreiro de 2013, foi un ebanista e actor galego.

Modelo:BiografíaErnesto Ferro
Biografía
Nacemento1926 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de febreiro de 2013 Editar o valor en Wikidata (86/87 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, ebanista Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1141333 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Nado en Ourense, herdou de seu pai a profesión de ebanista, na que traballou até a súa xubilación.[1] Posteriormente comezou a facer teatro no grupo Aturuxo de Ourense e aos 75 anos debutou como actor de televisión co papel de Don Cosme na serie da Televisión de Galicia Pequeno Hotel.

Traballou tamén no cine, nos filmes Días de voda e O ano da carracha e nos seguintes anos tivo pequenos papeis en series de televisión como Libro de familia, Terra de Miranda, Hospital Central ou Pepe o inglés. Faleceu en Ourense aos 86 anos de idade.

Filmografía

editar

Televisión

editar
  1. "Falece o actor Ernesto Ferro, habitual das series galegas". La Región. 12 de febreiro de 2013. Consultado o 20 de agosto de 2024.