Abrir o menú principal

Ernesto Daranas

director e guionista cubano

TraxectoriaEditar

Licenciado en Pedagoxía e Xeografía no ano 1983. Comezou con éxito dende moi cedo na radio escribindo de todo: crónicas, teatro, contos, series dramáticas e radionovelas e máis tarde na televisión, onde foi guiónista para contos e telefilmes, que non sempre dirixiu. En 2004 escribiu o guión e co-dirixiu xunto a Natasha Vázquez o documental Os últimos gaiteiros da Habana, un documental sobre Eduardo Lorenzo, gaiteiro galego-cubano, e sobre a súa volta a Galicia. O documental gañou o Premio Internacional de Xornalismo Rei de España e a este seguíronlle outros dous sobre emigrantes galegos en Cuba, Fillas de Galicia (2005)[1] e Gallegos: oficio de emigrantes (2008), ambos dirixidos por Natasha Vázquez e con guión de Ernesto Daranas. Tamén en 2008 dirixiu o documental Peregrinos.[2] Polos seus documentais sobre emigrantes de Galicia, Natasha Vázquez, Ernesto Daranas e Rigoberto Senarega, recibiron conxuntamente a Medalla Castelao no ano 2005, as últimas presididas por Manuel Fraga.[3]

Tamén no 2004 Daranas dirixiu o telefilme La Vida en Rosa, da que escribiu o guión. Este traballo gañou o Gran Premio do I Festival Nacional de Televisión de Cuba máis outros seis, incluíndo a mellor dirección e guión orixinal, e converteuse rapidamente nunha obra de culto dentro do audiovisual cubano. O traballo de Daranas tratou sempre dun xeito ou outro os problemas da sociedade da Habana, como a prostitución, a pobreza, a ausencia dos pais, e outros problemas da sociedade.

FilmografíaEditar

Como directorEditar

LongametraxesEditar

DocumentaisEditar

Como guionistaEditar

LongametraxesEditar

DocumentaisEditar

  • Havana (1990-1997) Serie de curtas documentais.
  • Cocodrileros (1999).
  • La tierra más hermosa (1998-2000). Serie documental. Episodios:
    • La Isla de los Faros (1999).
    • Viñales, los milagros del agua (1999).
    • Cimarrón (2000).
    • De vuelta al Paraíso (2000).
    • Santa Cruz, la Tragedia (2000).
  • El mar de los naufragios (2001).
  • Martín Infierno (2002).
  • Fillas de Galicia (2005)

Series de televisiónEditar

  • Propietario del Alba (1999).

CurtametraxesEditar

  • El hombre de Venus (2003).
  • El otro (2003).

NotasEditar