Ermida de Santa Trega da Guarda

templo medieval do século XII situado no monte de Santa Trega, no concello pontevedrés da Guarda

A ermida de Santa Trega[1] é un templo medieval do século XII situado no monte de Santa Trega, no concello pontevedrés da Guarda.

Ermida de Santa Trega da Guarda
Datos xerais
PaísEspaña
TipoErmida
AdvocaciónTrega de Iconio
LocalizaciónA Guarda
Coordenadas41°53′20″N 8°52′16″O / 41.888888888889, -8.8711388888889Coordenadas: 41°53′20″N 8°52′16″O / 41.888888888889, -8.8711388888889
Culto
CultoCatólico
DioceseTui-Vigo
Arquitectura
Construciónséculo XII
editar datos en Wikidata ]

A ermida atópase dentro dun recinto amurallado, no que tamén se atopan varias vivendas e unha lápida con inscricións de cantaría na honra dos poboadores ou povoeiros de Póvoa de Varzim. Tamén existe un cruceiro fronte á fachada da igrexa coa figura de San Francisco.[2]

Historia Editar

Malia a estar datada sobre o século XII, a ermida de Santa Trega sufriu reformas posteriores nos séculos XVI, XVII e XX. Crese que probablemente a escritora, monxa e predicadora Exeria induciu o culto á santa após das súas viaxes a Oriente Medio, considerado daquela Terra Santa.

Cada 23 de setembro, día de Santa Trega na onomástica cristiá, celébrase unha procesión no templo.

Notas Editar

  1. Ermida de Santa Trega na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  2. "Turismo da Guarda" (PDF). turismoaguarda.es. Consultado o 28 de xullo de 2022. 

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar