Érebo
Segundo a teogonía, Érebo [1], Erebo ou Erebus era a personificación da escuridade superior que se encontraba pouco máis fonda que o manto da noite eterna de Nix. É irmán de Nix e fillo de Caos. Esposou á irmá e con ela xerou os dous xemelgos Éter e Hémera.
Érebo | |
---|---|
Pai | Caos |
Nai | Caligo |
Cónxuxe | Nicte e Nox |
Fillos | Némese, Caronte, Hémera, Eris, Hipnos, Tánatos, Momo, Geras, Oneiros, Éter (mitoloxía), Fântaso, Epiphron, Eleos, Moros, Queres, Hybris, Hespérides, Amicitia, Contentio, Dumiles, Epaphus, Euphrosyne, Fraus e Eros |
Irmáns | Nicte e Eros |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Cóntase que os titáns pediran socorro a Érebo, mais Zeus deitouno con eles no inferno. Dese modo el tornouse a noite eterna do mundo dos mortos.
Na medida en que o pensamento mítico dos gregos se foi desenvolvendo, Érebo deu o seu nome a unha rexión do Hades por onde os mortos tiñan de pasar inmediatamente despois da morte, para entrar. Após Caronte facelos atravesar o río Aqueronte, logo de pagaren un óbolo, entraban no Tártaro, o submundo propiamente dito.
Disque cando Érebo acordase do seu aprisionamento el sería o primeiro dos Sete Primordiais que levaría ao espertar a todos os outros, podendo así novamente erguer o seu reino que Tártaro, Nix, Urano e Caos axudaran a erguer en tempos mitolóxicos.
NotasEditar
- ↑ Enciclopedia Galega Universal, tomo 8, s. v. Érebo