Eparquía católica maronita de Ibadan

A eparquía da Anunciación en Ibadan é unha sé da Igrexa católica maronita. O seu bispo actual é o libanés Simun Fadul.

Modelo:Xeografía políticaEparquía católica maronita de Ibadan

Localización
Poboación
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
CatedralOur Lady of the Annunciation Cathedral, Ibadan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webannunciation-eparchy.com Editar o valor em Wikidata

Territorio editar

A eparquía estende a súa xurisdición sobre os fieis maronitas residentes no África Occidental e Central. A sé eparquial está na cidade de Ibadan, en Nixeria.

Historia editar

Foi erixida como exarcado apostólico de África Occidental e Central polo papa Francisco o 13 de xaneiro de 2014. Coa excepción dalgunhas eparquías coptas no Sudán, tratábase da primeira circunscrición eclesiástica católica oriental instituída no África subsahariana.

O primeiro exarca, sen carácter episcopal, foi Simun Fadul, até entón presidente de Cáritas do Líbano, e ao mesmo tempo foi nomeado visitador apostólico para os fieis maronitas residentes no África Meridional. O exarcado apostólico foi elevado a eparquía de Nosa Señora da Anunciación en Ibadan o 28 de febreiro de 2018, pasando a ser unha eparquía inmediatamente suxeita ao patriarcado maronita de Antioquía.

Episcopoloxio editar

Exarcas apostólicos de África Occidental e Central
Bispos de Nosa Señora da Anunciación en Ibadan

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar