Simun Fadul

bispo católico maronita

Simun Fadul[1] (árabe: سيمون فضول), nado o 7 de xaneiro de 1958 en Dik al-Mahdi (Líbano) é un bispo católico maronita, actual bispo de Nosa Señora da Anunciación en Ibadan.

Infotaula de personaSimun Fadul
Biografía
Nacemento7 de xaneiro de 1958 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Bispo diocesano
28 de febreiro de 2018 –
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica maronita Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (2018–), sacerdote católico (1987–) Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónBixara Pedro al-Rai Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Simun Fadul naceu o 7 de xaneiro de 1958 en Dik al-Mahdi. O 9 de agosto de 1987 foi ordenado sacerdote da arquieparquía de Antelias,[2] polo entón arcebispo Yusuf Bixara.

O 13 de xaneiro de 2014 o papa Francisco nomeouno exarca apostólico da África Occidental e Central e visitador apostólico da África Meridional.[2] Coa elevación da sé o 28 de febreiro de 2018 foi nomeado primeiro bispo, recibindo a consagración episcopal de mans do patriarca de Antioquía Bixara Pedro al-Rai o 7 de abril.

Notas editar

  1. Tamén coñecido pola transcrición francesa do seu nome, Simon Faddoul.
  2. 2,0 2,1 Sala Stampa della Santa Sede, ed. (13/01/2014). "Rinunce e Nomine". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar