Enrique Oviedo Blanco

guerrilleiro antifranquista

Enrique Oviedo Blanco, coñecido como Chapa, nado nas Médulas (Carucedo) en 1910 e finado en Priaranza o 27 de novembro de 1950, foi un guerrilleiro antifranquista.

Enrique Oviedo Blanco
AlcumeChapa
Nacemento1910
Lugar de nacementoCarucedo
Falecemento27 de novembro de 1950
Lugar de falecementoPriaranza
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Activista socialista das Médulas (Carucedo), foi mobilizado no exército rebelde do que desertou para incorporarse ao exército republicano. Foi detido en Pamplona cando intentaba cruzar a Francia e en marzo de 1940 fuxiu da cadea de San Marcos (León) e entrou no grupo de Manuel Álvarez Arias "Bailarín". No verán de 1940 formou parte dun grupo que intentou chegar a Portugal e tivo que regresar a León. En abril de 1942 participou no congreso de Ferradillo. En outubro de 1944 foi responsable xunto con Evaristo González Pérez "Rocesvinto" dunha das catro unidades que compuñan a Primeira Agrupación da Federación que tiña como área de actuación o este e sueste da estrada Ponferrada-Orense. Logo do congreso de reunificación da Federación en 1946, abandonou a zona de Casaio con Marcelino Fernández Villanueva e pasou á área da Cabrera nun grupo comandado por Manuel Girón Bazán. Rexeitando instrucións comunistas, non se integrou no Exército Guerrilleiro de Galicia.

O 24 de febreiro de 1949 estaba coa súa parella Asunción Macías Fernández "Pandereta", Silverio Yebra Granja, Francisco Martínez López, Alfonso Rodríguez López, Antonio López Núñez, Bernardo Álvarez Trabajo e Enrique Orozco nun grupo que tivo unha reunión cun oficial de enlace de Berlanga del Bierzo. Traizoados por Enrique Orozco, os guerrilleiros caeron nunha emboscada da Garda Civil en Vega de Espinareda na que foron asasinados Enrique Orozco e Alfonso Rodríguez López. Na primavera de 1950 Enrique Oviedo retirouse coa súa parella Asunción Macías á aldea natal dela en Paradela de Mices (Priaranza), para preparar a súa saída de España. Denunciados, o 27 de novembro de 1950, o seu refuxio foi rodeado pola Garda Civil. Crendo inútil toda resistencia, Enrique disparoulle á súa compañeira antes de suicidarse.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar