Emilio de la Cuadra

militar e empresario español

Emilio de la Cuadra Albiol, nado en Sueca (Valencia) o 13 de maio de 1859 e falecido en Valencia o 1 de febreiro de 1930,[1] foi un militar e empresario valenciano. Foi un pioneiro da industria da automoción, creando a primeira marca fabricante de automóbiles na Península Ibérica, La Cuadra, con sede en Barcelona e activa entre 1899 e 1901.[2]

Infotaula de personaEmilio de la Cuadra

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Emilio de la Cuadra Albiol Editar o valor em Wikidata
1859 Editar o valor em Wikidata
Sueca, España Editar o valor em Wikidata
Morte1930 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , empresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército de Terra de España Editar o valor em Wikidata
Rango militarTenente (1881–) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Formación militar e fundación de La Cuadra editar

En setembro de 1877 Emilio de la Cuadra ingresou na Academia de Artillaría de Segovia, graduándose alí como tenente en 1881.[3][4] Estaba moi interesado na electricidade, e conseguiu levar adiante o proxecto de construción dunha central eléctrica en Lleida, levando por primeira vez a luz eléctrica a esa cidade.[5] Este proxecto representoulle a De la Cuadra unha excelente renda, á vez que unha gran satisfacción á súa persoa.

Empresario inquieto, visitou a Exposición Universal de París de 1889,[6] igual que Francesc Bonet, ficando fascinado pola mostra no campo da automoción alí presente. A carreira de 1895 París-Bordeos-París, de 1200 km, impresionoulle de tal modo que De la Cuadra intuíu o prometedor futuro da automoción, decidiu vender a súa central eléctrica en Lleida e trasladouse a Barcelona, onde fundou en setembro de 1898, na rúa Deputación, esquina co paseo de Sant Joan, a Compañía General Española de Coches Automóviles E. de la Cuadra, Sociedad en Comandita.[6][5] De la Cuadra asociouse con Charles Vélino (máis coñecido como Carlos Vellino), un enxeñeiro suízo que tiña unha fábrica de acumuladores eléctricos en Barcelona.

Vehículos fabricados pola súa empresa editar

Emilio de la Cuadra decidiu que a súa empresa fabricase vehículos con propulsión eléctrica, en parte pola súa experiencia no devandito campo, e debido tamén á exclusiva da fabricación de vehículos con motor de explosión que Bonet obtivo en 1894. A súa empresa fabricou prototipos dun camión, un ómnibus e un coche, todos eles con motores eléctricos, pero posteriormente foron despezados, xa que as baterías esgotábanse rapidamente por mor do peso dos vehículos e da reducida almacenaxe de enerxía das devanditas baterías.

O principal vehículo eléctrico que fabricou La Cuadra foi o ómnibus, construído para o Hotel Oriente de La Rambla (Barcelona), que o necesitaba para ir buscar aos seus clientes á Estación de Francia. Porén, en agosto de 1900, cando se presentou o ómnibus á prensa, o vehículo foi un rotundo fracaso; segundo o planeado, íase realizar unha viaxe de demostración pola estrada de Vic, pero o ómnibus só percorreu uns metros e parouse, non houbo forma de polo en marcha de novo e tivo que ser remolcado até os talleres da fábrica. Despois deste fracaso, Emilio de la Cuadra e os seus colaboradores centráronse só na fabricación de vehículos con motor de explosión.

A mediados de 1901, os novos automóbiles La Cuadra Centauro estaban listos para o mercado. Porén, por mor dunha folga nese mesmo ano e das malas vendas dos coches Benz comercializados pola empresa, Emilio de la Cuadra tivo que declarar a suspensión de pagamentos en novembro de 1901.[5]

Reingreso no exército editar

Após a bancarrota da súa empresa, Emilio de la Cuadra solicitou o seu reingreso no exército español, sendo destinado a Ceuta, onde proseguiu a súa carreira militar co grao de comandante, chegando a ser ascendido a xeneral de brigada,[5] e esqueceuse das iniciativas empresariais.

En 1921 regresou a Barcelona e participou como mediador nun conflito laboral en L'Hospitalet de Llobregat, séndolle entregada como agradecemento unha placa de fillo adoptivo da cidade.[7] Faleceu en Valencia o 1 de febreiro de 1930 á idade de 70 anos.

Notas editar

  1. Emilio de la Cuadra y Albiol (11 de maio de 2021). Acami.es.
  2. Van Dijk, Nico (28 de novembro de 2015). Automobiles were made by...?. Lulu.com. p. 45. ISBN 978-1-326-45496-8. 
  3. La Cuadra (1899 - 1901). Autopasion18.com.
  4. La Cuadra (arquivado en Archive.org). Losorigenes.net.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Historia de La Cuadraen Vehículoclasico.es. Arquivado 08 de xuño de 2009 en Wayback Machine.. Consultado o 11-7-2023.
  6. 6,0 6,1 1898: La Cuadra, la primera fábrica de coches de España (01-02-2019). La Vanguardia.
  7. "Emilio de la Cuadra i Albiol". Lhospitaletdellobregat.wordpress.com. 10 de setembro de 2010. Consultado o 11 de xullo de 2023.