Emilio Alonso Paz

político galego

Emilio Deogracias Alonso Paz, nado en Cartimil (Silleda) en 1878 e finado en Monte Porreiro (Pontevedra) o 16 de marzo de 1937, foi un político galego, alcalde de Silleda nos anos da II República Española.

Emilio Alonso Paz
Nacemento1878
Lugar de nacementoCartimil
Falecemento16 de marzo de 1937
Lugar de falecementoMonte Porreiro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]
Placa na rúa Alonso Paz

TraxectoriaEditar

Curmán de Antón Alonso Ríos, foi militante de Izquierda Republicana. Foi elixido alcalde de Silleda en 1932 e dimitiu en 1934. En 1936 foi reposto como alcalde. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Portugal, pero foi delatado, apresado e entregado ás autoridades franquistas, que o internaron na illa de San Simón. Xulgado en consello de guerra, foi condenado á pena de morte e fusilado en Monte Porreiro en marzo de 1937.


Predecesor:
Antonio Pereiro Gil
  
Alcalde de Silleda
 
1932 - 1934
Sucesor:
Segundo Arceo Díaz
Predecesor:
Antonio Trabazo Lorenzo
  
Alcalde de Silleda
 
1936
Sucesor:
Manuel García Cerviño

HomenaxesEditar

A finais da década de 1990, a corporación municipal de Silleda decidiu poñerlle o seu nome a unha das rúas do casco urbano de Silleda. No 2007, coincidindo co 70 aniversario do seu fusilamento, a asociación socio-cultural Adellís e a Comisión pola Memoria Siñor Afranio organizaron un acto na súa lembranza na rúa que leva o seu nome[1].

NotasEditar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2010. Consultado o 01 de febreiro de 2012. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar