Antonio Trabazo Lorenzo

avogado e político galego

Antonio Trabazo Lorenzo, nado en Silleda en 1906 e finado no mesmo concello o 20 de setembro de 1937,[1] foi un avogado e político galego.

Infotaula de personaAntonio Trabazo Lorenzo
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor em Wikidata
Silleda, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de setembro de 1937 Editar o valor em Wikidata (30/31 anos)
Silleda, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Silleda
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAlfonso Trabazo Lorenzo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de José Trabazo González e irmán de Alfonso Trabazo Lorenzo. Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra. Aprobou os exames para secretario de xulgado municipal en maio de 1929.[2] Foi oficial interino co Concello de Silleda ata que foi suspendido en maio de 1931. Sufriu un atentado en decembro de 1932.[3] Aprobou os exames para procuradores en xuño de 1933.[4] Foi nomeado xestor de cédulas do concello de Silleda en agosto de 1934.[5] Foi nomeado alcalde de Silleda en outubro de 1934, permanecendo no cargo ata marzo de 1936.


Predecesor:
Segundo Arceo Díaz
  
Alcalde de Silleda
 
1934 - 1936
Sucesor:
Emilio Alonso Paz

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 21-9-1937, p. 2.
  2. El Ideal Gallego, 12-5-1929, p. 3.
  3. El Progreso, 29-12-1932, p. 3.
  4. El Pueblo Gallego, 3-6-1933, p. 4.
  5. El Pueblo Gallego, 8-8-1934, p. 10.