Elvira Santiso

pintora e mestra galega

Elvira Santiso García, nada en Betanzos en 1872 e finada en Santiago de Compostela o 9 de outubro de 1961,[1] foi unha pintora e mestra galega.

Infotaula de personaElvira Santiso

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1872 Editar o valor em Wikidata
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de outubro de 1961 Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Moi nova marchou coa súa familia a Compostela, onde viviu ata a súa morte. Formouse na Escola da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, con profesores como José María Fenollera e Mariano Tito Vázquez. Traballou como mestre particular na sociedade da que fora alumna e fixo traballos por encarga.[2]

Algúns dos títulos dos seus cadros son: A ceboleira, Ao carón do lar, Botando un cigarro, Carmeliña, Claustro del Sar, La bordadora, La cena del campanero, Mondando patatas, No muíño, O pé do cruceiro, O tío Xan e Oración.[3]

 
Santiso participou na Exposición de Arte Galega de 1926[4]

Fixo exposicións en diferentes certames, en Compostela, A Coruña, Vigo, Ferrol ou Vilagarcía de Arousa, mais tamén fóra do país, en Madrid, Bos Aires ou Montevideo.

Hai obras súas no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo[5] e no Castelo de Santiago de Sanlúcar de Barrameda, Cádiz.

Recoñecementos editar

  • No curso 1888-1889 conseguiu unha medalla de Prata por Adorno en Debuxo Natural.
  • No curso 1889-1890 logrou outra medalla de prata por unha copia dun xeso.
  • Obtivo un diploma de colaboración na Exposición Rexional de 1896, celebrada en Lugo.
  • En 1906 logrou unha mención Honorífica na Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid.
  • Medalla de ouro na Exposición Rexional de 1909, celebrada en Santiago de Compostela.
  • Medalla de Afonso X o Sabio en recoñecemento ao seu labor docente.

Notas editar

  1. La Noche, 10-10-1961, p. 2.
  2. "Santiso García, Elvira". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 
  3. "Exposición de Arte Gallego (anuncio)". El Compostelano (en castelán) (Santiago de Compostela). 29/7/1926. p. 3. 
  4. Pablos, Francisco (1981). Plástica gallega (en castelán). CAV. pp. 194–195. ISBN 84-7231-603-3. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

FRAGA PÉREZ, Sara (2022). "Elvira Santiso: unha pintora de Betanzos". Anuario Brigantino (45): 337–358. ISSN 1130-7625. 

Ligazóns externas editar