Elvira Fernández Balboa

empresaria galega

Elvira Fernández Balboa, chamada Viri, nada en Pontevedra en 1965, é unha empresaria galega, famosa por ser a muller de Mariano Rajoy, expresidente do Goberno de España.

Elvira Fernández Balboa
Nome completoElvira Fernández Balboa
Nacemento27 de abril de 1965
Lugar de nacementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
CónxuxeMariano Rajoy
FillosMariano Rajoy Fernández e Juan Rajoy Fernández
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

O seu pai estivo emigrado en Venezuela e de volta a Galicia montou unha empresa de construción. Fernández Balboa estudou primeiro no Colexio Doroteas, e logo no IES Valle-Inclán, ambos da capital pontevedresa, onde vivían. Os veráns pasábaos en Campañó.

Licenciada en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a traballar nunha pequena empresa de Lérez como xestora, en 1992. En 1995 trasladouse ao departamento administrativo de Antena 3, e posteriormente comezou a traballar como asesora de dirección en empresas do grupo Telefónica.

Coñeceu a Mariano Rajoy en 1991 en Pontevedra. Mantivo con el unha relación por espazo de cinco anos, ata que casaron polo rito católico o 28 de decembro de 1996 na ermida de San Sebastián, da Toxa. Ten dous fillos, Mariano (nado en 1999) e Juan (nado en 2005).


Predecesor:
Sonsoles Espinosa
  
Parella do Presidente do Goberno de España
 
2011 - actualidade
Sucesor:
'