Elsa Kelly

xurista arxentina

Elsa Rosa Diana Kelly, nada en Buenos Aires o 28 de febreiro de 1939, é unha avogada e diplomática arxentina. Entre 2011 e 2020 foi xuíza no Tribunal Internacional do Dereito do Mar, en calidade de experta.[1][2]

Infotaula de personaElsa Kelly

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de febreiro de 1939 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Embaixador
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada , xuíza , profesora universitaria , diplomática Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnião Cívica Radical (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Ocupou diversos cargos dentro da diplomacia arxentina. Foi embaixadora ante Italia, Austria e a UNESCO. Ademais, foi representante permanente ante organizacións internacionais en Viena e gobernadora na Xunta de Gobernadores da OIEA.

Traxectoria editar

Elsa Kelly naceu na cidade de Buenos Aires o día 28 de febreiro de 1939.

En 1960, titúlase como avogada da Universidade de Buenos Aires e é bolseira polo programa do Centro de Asuntos Internacionais da Universidade Harvard. Traballou como profesora titular de Dereito Internacional Público.[3]

Entre 1991 e 1995, durante o goberno de Carlos Menem, foi deputada nacional por parte da Unión Cívica Radical.[4] En 1996, foi nomeada constituínte da Cidade de Buenos Aires, novamente representando ao radicalismo.[5]

Actualmente é membro do Consello Arxentino para as Relacións Internacionais (CARI) e da ONG Fundación Nuevos Derechos del Hombre.

Carreira diplomática editar

En 1962 comezou a súa carreira diplomática ao ingresar no Servizo Exterior da Nación. Foi promovida sucesivamente até alcanzar a xerarquía de embaixadora en 1984.

Na Chancelería Arxentina ocupou varios cargos, entre eles: Membro do Consello Superior de Embaixadores, Directora de Relacións Culturais e Directora Xeral de Asuntos Ambientais. Durante o goberno de Raúl Alfonsín, foi nomeada viceministra de Relacións Exteriores.[6]

Entre 1985 e 1989 representou á Arxentina ante a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, en París. No ano 2000, foi nomeada embaixadora ante a República de Italia, cargo no que permaneceu até o 2003.[7]

Entre 2003 e 2006 foi embaixadora ante Austria. Ademais, nese período, foi representante permanente ante organizacións internacionais en Viena e gobernadora na Xunta de Gobernadores do Organismo Internacional de Enerxía Atómica. Presentou as súas cartas credenciais na Oficina das Nacións Unidas en Viena en maio de 2003.[8] En 2006, o chanceler Jorge Taiana, nomeouna directora de Seguridade Internacional, Asuntos Nucleares e Espaciais da Chancelería arxentina.[9]

En 2010 foi designada pola presidenta Cristina Fernández de Kirchner como coordinadora nacional para o Cume Nuclear Global de Washington. Durante ese ano, o seu nome estivo entre os posibles sucesores de Héctor Timerman á fronte da Embaixada Arxentina nos Estados Unidos, cargo que con todo quedou en mans de Alfredo Chiaradía.[10]

O 1 de outubro de 2011 foi nomeada xuíza do Tribunal Internacional do Dereito do Mar, converténdose na primeira muller entre os vinte e un membros que integran o organismo. Kelly permaneceu no cargo durante un período de nove anos.[11][12]

Recoñecementos editar

Elsa Kelly foi condecorada polos gobernos de México, Ecuador e Francia (Palmas Académicas). En 2008, polos seus méritos recibe o Premio Konex na categoría Diplomáticos, entregado pola Fundación Konex.[13]

Notas editar

  1. Internacional Tribunal for the Law of the Sea. "Judge Elsa Kelly" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  2. "Embajada en Alemania | Jueza Elsa Kelly concluye su mandato en el Tribunal Internacional del Mar". 1 de outubro de 2020. 
  3. Infobae (8 de xullo de 2010). "Elsa Kelly, cerca de la Embajada argentina en Washington" (en español). Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  4. "Nómina Oficial de Diputados desde la Organización Nacional". diputados.gov.ar (en castelán). Sitio web de la Cámara de Diputados de la Nación Argentina. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  5. Clarín (7 de xullo de 2010). "Política Elsa Kelly podría ser la nueva embajadora argentina en Washington" (en español). Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  6. Perfil (13 de novembro de 2012). "Quién es Elsa Kelly, la esperanza de la Fragata" (en español). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  7. Clarín (23 de agosto de 2000). "Elsa Kelly, con destino en Roma" (en español). Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  8. "New Permanent Representative of Argentina Presents Credentials". unis.unvienna.org. Oficina de las Naciones Unidas en Viena. 16 de maio de 2003. Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  9. Prensa Argentina (8 de febreiro de 2010). "Designan a Elsa Kelly como coordinadora nacional para la Cumbre Nuclear Global de Washington". prensa.argentina.ar (en español). Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2013. Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  10. Redacción (8 de xullo de 2010). "¿Elsa Kelly a Washington?". pagina12.com.ar (en español). Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  11. Infobae (16 de xuño de 2011). "Una diplomática argentina fue designada en el Tribunal del Mar de la ONU" (en español). Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2011. Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  12. Infobae Profesional (14 de novembro de 2012). "Quién es Elsa Kelly, la esperanza del Gobierno para recuperar la fragata Libertad" (en español). Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  13. Fundación Konex. "Elsa Kelly" (en español). Consultado o 23 de marzo de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar