Axencia Internacional da Enerxía Atómica
A Axencia Internacional da Enerxía Atómica (AIEA) é unha organización internacional autónoma creada no seo das Nacións Unidas. Busca promover o uso pacífico da enerxía nuclear e evitar o seu uso para calquera propósito militar, incluídas as armas nucleares.
Axencia Internacional da Enerxía Atómica | ||||||||||||||||
| ||||||||||||||||
|
HistoriaEditar
A orixe do organismo remóntase ao discurso que o presidente dos Estados Unidos Dwight D. Eisenhower realizou o 8 de decembro de 1953 chamado "Átomos para a paz".[1] Neste discurso presentou unha proposta no sentido de crearse unha organización internacional "dedicada exclusivamente aos usos pacíficos da enerxía atómica". Foi aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1954 e en 1957 completouse o seu estatuto,[2] en que se indica que o seu obxectivo é a promoción do uso pacífico da enerxía nuclear e o desencoraxamento dos usos para fins militares das armas nucleares:
A Axencia procurará acelerar e aumentar a contribución da enerxía atómica para a paz, a saúde e a prosperidade no mundo enteiro. Na medida en que lle for posible, asegurarase de que a asistencia que preste, ou a que se preste a petición súa, ou baixo a súa dirección ou control, non for empregada de xeito que contribúa a fin fines militares.Artigo II do estatuto da AIEA
En 2005, a Axencia e o seu director xeral Mohamed el-Baradei, recibiron o Premio Nobel da Paz. O comité concedeulles o premio por:[3]
[...] é a AIEA quen controla que a enerxía nuclear non se empregue de xeito indebido con propósitos militares [...] no momento en que os esforzos do desarmamento parecen nun punto morto e existe perigo de que o armamento nuclear prolifere nos estados e nos grupos terroristas [...]
OrganizaciónEditar
A AIEA ten a súa sede en Viena, (Austria), e ten 172 estados membros, con representantes que se reúnen anualmente nunha conferencia xeral onde elixen 35 membros para o Consello de Gobernadores. Este Consello reúnese cinco veces por ano e prepara as decisións que serán ratificadas pola Conferencia Xeral.
Co incremento da proliferación nuclear na década de 1990, as tarefas da AIEA pasaron a incluír as inspeccións e investigacións das sospeitas de violacións do Tratado de Non-Proliferación Nuclear baixo mandato das Nacións Unidas; con todo, caso de atopar indicios de uso militar nos programas que inspecciona, só poderá informar o Consello de Seguridade das Nacións Unidas, que ten a exclusiva para tomar medidas coercivas. A AIEA mantén, como un dos seus instrumentos, o International Nuclear Information System (INIS), base de datos sobre a utilización pacífica da enerxía nuclear.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Axencia Internacional da Enerxía Atómica |
BibliografiaEditar
- Mello, Celso D. de Albuquerque (2002). Curso de Direito Internacional Público, 14 edição revista e ampliada, Vol 1 (en portugués). Rio de Janeiro: Renovar.
- Zajec, Olivier (10 de xullo de 2010). Os países que não podem ter (en portugués). Le Monde Diplomatique Brasil. Consultado o 20 de xullo de 2010.[Ligazón morta]