Eloy Castro Dorrego
Eloy Castro Dorrego, nado no Páramo en 1899 e finado en Madrid o 21 de xuño de 1950, foi un industrial e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1899 O Páramo, España |
Morte | 21 de xuño de 1950 (50/51 anos) Madrid, España |
Alcalde de Alfoz | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Na República foi secretario do Comité Republicano do Valadouro e Alfoz presidido por Rafael Cuadrado Sierra constituído no Valadouro en maio de 1931.[1] Militou en Izquierda Republicana e foi elixido alcalde de Alfoz polos membros da comisión xestora en abril de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en agosto. Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión o 10 de abril de 1938 con José Sánchez Gacio, José Ramón Villamarín Pallín, Guillermo Otero Villalba, Alfredo Martínez Martínez, Graciano Leivas Freire, Germán Fanego Salaverri, Patricio Vijande Villar, Constantino Sánchez Gacio e Emilio González Valoria, foi condenado a 12 anos e un día de prisión. Volveu ser detido en 1944 por lle axudar ao Grupo do Gardarríos. Finou en Madrid o 21 de xuño de 1950.[2]
Predecesor: - |
Alcalde de Alfoz 1936 |
Sucesor: - |
Vida persoal editar
Casou con María de los Dolores Casabella Santos e foi pai de Ana María, Nestor, Eloy, Emma, Samuel, María del Carmen e Jesús Castro Casabella.
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Pedreira, Ricardo (2006). Consejo de Guerra por Rebelión Militar. Mindonienses condenados en 1937. Mondoñedo: Asociación Amigos da Cidade de Mondoñedo.
Ligazóns externas editar
- Eloy Castro Dorrego na páxina web Nomes e Voces.