Luís Trigo Chao

guerrilleiro antifranquista galego
(Redirección desde «O Gardarríos»)

Luís Trigo Chao, coñecido como Gardarríos e Chao, nado en San Pantaleón de Cabanas (Ourol) o 24 de decembro de 1889 e finado en Lourenzá o 25 de xuño de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaLuís Trigo Chao
Biografía
Nacemento24 de decembro de 1889 Editar o valor em Wikidata
San Pantaleón de Cabanas, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xuño de 1948 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Lourenzá, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , guerrilleiro Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Emigrou moi novo a Cuba, onde traballou na hostalería e nunha fábrica de mobles. Despois marchou a Arxentina, regresando a Mondoñedo en 1921 como gardarríos. Foi presidente a Agrupación Socialista de Mondoñedo. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte, permanecendo agochado nas casas dos amigos.

A súa actividade guerrilleira comezou en 1939, desenvolvéndose no norte da provincia de Lugo, nas zonas de Lourenzá, Abadín, Viveiro e Mondoñedo, mantendo contacto cos membros do Grupo Neira. Foi acusado polas autoridades de ser o autor do axustizamento do xefe falanxista José Viador Traseira o 9 de abril de 1940[1]. Actuou case sempre en solitario e nalgunhas accións acompañado de Perfecto Requeijo Rouco ou Roberto Alonso Díaz. Morreu a mans dunha contrapartida en Vilanova de Lourenzá o 25 de xuño de 1948. Co Gardarríos caeu a súa compañeira Antonia Díaz Pérez.

Notas editar

  1. Cabana Iglesia, Ana (2013). La derrota de lo épico. Universitat de València. ISBN 978-84-370-9217-1. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas editar