Elliot Williams

baloncestista estadounidense

Elliot Jerell Williams, nado o 20 de xuño de 1989 en Memphis, Tennessee, é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense. Xogou na universidade para os Memphis Tigers.

Elliot Williams
Posición Escolta
Información persoal
Nacemento 20 de xuño de 1989 (34 anos)
Memphis, Tennessee
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Información da carreira
Instituto St. George's Independent School
(Memphis, Tennessee)
Universidade Duke (2008–2009)
Memphis (2009–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 22
Por Portland Trail Blazers
Carreira 2010–2016
Historial de equipos
Portland Trail Blazers (2010–2013)
Philadelphia 76ers (2013–2014)
Delaware 87ers (2014)
Santa Cruz Warriors (2014–2015)
Utah Jazz (2015)
New Orleans Pelicans (2015)
Santa Cruz Warriors (2015–2016)
Memphis Grizzlies (2016)
Panathinaikos (2016)

Traxectoria editar

Williams foi elixido na 22ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Portland Trail Blazers. Tras xogar na pretempada cos Trai Blazers, Williams perdeuse a tempada 2010-11 debido a unha lesión no xeonllo.[1]

En setembro de 2013, Williams asinou cos Cleveland Cavaliers.[2] Foi cortado polos Cavaliers o 25 de outubro de 2013.[3]

O 20 de novembro de 2013, asinou cos Philadelphia 76ers.[4] O 5 de xaneiro de 2014, foi asignado ós Delaware 87ers da NBA D-League.[5] Foi chamado de volta ó día seguinte.[6] O 27 de outubro de 2014, foi cortado polos Sixers.[7]

O 4 de marzo de 2015, asinou un contrato de dez días cos New Orleans Pelicans.[8]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar