Elephantidae
Elefántidos Rango fósil: Plioceno - Presente | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Elefantes africano (esquerda) e asiático (dereita) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Xéneros e especies | |||||||||||||||||||||
Véxase o texto |
Os elefántidos (Elephantidae) son unha familia de mamíferos placentarios da orde Proboscidea. Antigamente clasificábanse, xunto con outros mamíferos de pel grosa, na orde agora inválida dos paquidermos (Pachydermata). Existen hoxe en día tres especies e diversas subespecies. Entre os xéneros extintos desta familia salientan os mamuts.
Os elefantes son os animais terrestres máis grandes que existen no presente.[1] O período de xestación é de 22 meses, o máis longo en calquera animal terrestre. O peso ó nacer usualmente é de 120 kg. Normalmente viven de 50 a 70 anos, pero rexistros antigos documentan idades máximas de 82 anos.[2] O meirande elefante do que se ten rexistro pesou arredor de 11 000 kg (Angola, 1956),[3] chegando a unha altura na cernella de 3,96 m, un metro máis alto que o elefante africano medio.[4] O elefante máis pequeno, de arredor do tamaño dunha cría ou un porco grande, é unha especie prehistórica que existiu na illa de Creta, Mammuthus creticus, durante o Plistoceno.[5]
Xéneros actuais
editarOs elefantes actuais clasifícanse en dous xéneros distintos, Loxodonta (elefantes africanos) e Elephas (elefantes asiáticos), pertencentes a dúas tribos distintas. Clasicamente recoñecíanse dúas especies, unha en cada xénero, mais hai un debate entre os científicos sobre se as dúas subespecies africanas son en realidade dúas especies distintas, en cuxo caso estariamos a falar en total de tres especies de elefantes. Recoñécense as seguintes especies e subespecies:[6]
- Elefantes africanos (Loxodonta).
- Loxodonta africana - elefante africano de sabana.
- Loxodonta cyclotis - elefante africano da selva.
- Loxodonta adaurora †
- Loxodonta africana pharaoensis †
- Loxodonta atlantica †
- Loxodonta exoptata †
- Elefantes asiáticos (Elephas maximus)
- Elephas maximus. Unha soa especie con tres subespecies vivas:
- Elephas maximus maximus - elefante de Sri Lanka.
- Elephas maximus indicus - elefante indio.
- Elephas maximus sumatranus - elefante de Sumatra.
- Elephas maximus asurus †
- Elephas maximus rubridens †
- Elephas antiquus †
- Elephas beyeri †
- Elephas celebensis †
- Elephas chaniensis †
- Elephas creticus †
- Elephas creutzburgi †
- Elephas cypriotes †
- Elephas ekorensis †
- Elephas falconeri †
- Elephas iolensis †
- Elephas melitensis †
- Elephas mnaidriensis †
- Elephas namadicus †
- Elephas namadicus †
- Elephas naumanni †
- Elephas planifrons †
- Elephas platycephalus †
- Elephas recki †
O elefante de Borneo (Elephas maximus borneensis) e o elefante de Malaisia (Elephas maximus hirsutus) son clasificados actualmente como Elephas maximus indicus.[6]
Notas
editar- ↑ "African Elephant". National Geographic. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2012. Consultado o 16 de xuño de 2007.
- ↑ "Elephants - Asian & African Facts, Information & Pictures". Asian & African Facts, Information & Pictures (en inglés). Consultado o 18 de xaneiro de 2016.
- ↑ Fenykovi, Jose (4 de xuño de 1956). "The Biggest Elephant Ever Killed By Man". USA: CNN. p. 7. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2012. Consultado o 06 de outubro de 2018.
- ↑ "Animal Bytes: Elephant". San Diego Zoo. Consultado o 16 de xuño de 2007.
- ↑ Bate, D.M.A. 1907. «On Elephant Remains from Crete, with Description of Elephas creticus» sp.n. Proc. zool. Soc. Londres: 238-250.
- ↑ 6,0 6,1 "Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2012. Consultado o 06 de outubro de 2018.