Elefante de Sumatra

(Redirección desde «Elephas maximus sumatranus»)

O elefante de Sumatra (Elephas maximus sumatranus) é unha das tres subespecies recoñecidas de elefante asiático, e é nativo da illa de Sumatra, en Indonesia.

No 2011, o elefante de Sumatra foi clasificado como en perigo crítico pola IUCN xa que a súa poboación descendeu polo menos un 80 % durante as tres últimas xeracións. A subespecie está ameazada principalmente pola perda, degradación e fragmentación do seu hábitat; arredor dun 69 % do seu hábitat desapareceu nos últimos 25 anos. As áreas boscosas que restan son reducidos bloques que non abarcan sequera 250 km², polo que resultan demasiado pequenas para conter poboacións viables de elefantes. Dende 1985 ata 2012 reduciuse á metade o número de individuos desta subespecie, polo que se cre que para o 2040 estará totalmente extinguida.[2]

Notas editar

  1. Gopala, A., Hadian, O., Sunarto, Sitompul, A., Williams, A., Leimgruber, P., Chambliss, S. E., Gunaryadi, D. (2011). "Elephas maximus ssp. sumatranus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2012.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. "El elefante de Sumatra está a un paso de la extinción". www.publico.es. Consultado o 2020-05-09. 

 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.