Eleazar Francés Carpintero

político galego

Eleazar Francés Carpintero, nado no Porriño en 1901 e finado en Tomiño o 22 de setembro de 1936, foi un político galego.

Eleazar Francés Carpintero
Nacemento1901
Lugar de nacementoO Porriño
Falecemento22 de setembro de 1936
Lugar de falecementoTomiño
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
IrmánsAntonio Francés Carpintero e José Francés Carpintero
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de José Francés González e irmán de José e Antonio Francés Carpintero.

Militante do PSOE, foi elixido vicepresidente da Juventud Socialista do Porriño en xullo de 1932. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e procesado na causa 574/36. Foi paseado no Alto de Tebra, no monte Salgueiró da parroquia de Santa María de Tebra de Tomiño o 22 de setembro co seu irmán Antonio, José Groba Domínguez, José Groba Rodríguez e José Rocha. A súa muller Loreto Pereiro viaxou a Tomiño para recoñecer os cadáveres do home e do seu cuñado.

Vida persoal editar

Casou con Loreto Pereiro Pérez en 1933,[1] e foi pai de Eleazar Francés Pereiro.

Notas editar

  1. Boletín Oficial de la Sociedad Fomento de Porriño y su Distrito, outubro de 1933, p. 18.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar