José Francés Carpintero

político galego

José Francés Carpintero, nado no Porriño en 1906 e finado en Tui o 27 de agosto de 1936, foi un político galego.

Infotaula de personaJosé Francés Carpintero
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor em Wikidata
O Porriño, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (29/30 anos)
Tui, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsEleazar Francés Carpintero e Antonio Francés Carpintero Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de José Francés González. Factor na estación ferroviaria do Porriño. Militante do PSOE, foi elixido membro da directiva da Agrupación Socialista do Porriño en 1932. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Tui por traizón con Manuel López Losada o 20 de agosto.[1] Condenado a pena de morte, foi executado en Tui o 27 de agosto con Manuel López Losada.

Os seus irmáns Antonio e Eleazar Francés Carpintero foron paseados o 22 de setembro, a súa irmá Asunción foi condenada a 15 anos e o seu outro irmán, Eladio, condenado a cadea perpetua.

Vida persoal editar

Casou en 1931 con Elena Valverde Mayo,[2] e foi pai de Josefa e Raúl Francés Valverde.

Notas editar

  1. El Diario de Pontevedra, 20-8-1936, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 15-3-1931, p. 11.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar