El Pueblo (Pontevedra)
Diario republicano de Pontevedra
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Pueblo.
El Pueblo foi un semanario de carácter republicano que se editou en Pontevedra entre 1914 e 1932.
El Pueblo | |
---|---|
Fundación | 1914 |
Remata | 1932 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Pontevedra |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal e Diccionario da literatura galega |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarApareceu o 1 de xuño de 1914. Foi o seu director Juan Manuel Rodríguez de Cea. Aínda que escrito en castelán, mantiña a sección "O Labrego" en galego. Suprimido durante a ditadura de Primo de Rivera, reapareceu en marzo de 1930.[1] Entre os seus colaboradores figurou Roberto Panero. Deixou de publicarse o 5 de novembro de 1932, para converterse nun diario que aparece co título de El País.
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 8-3-1930, p. 8.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Pueblo, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.