El Iris del Bello Sexo

El Iris del Bello Sexo foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1841.

El Iris del Bello Sexo

Editar o valor em Wikidata
Lingualingua castelá
LocalidadeSantiago de Compostela
Na rede
Galiciana: 2771
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Periódico de literatura y costumbres, apareceu o 2 de maio de 1841. De dezaseis páxinas, o seu editor e responsable era José Núñez Castaño. Figuraban como redactoras Enarda, Galatea, Isabel R., Clorinda, Carmen e outros escritores como José María Posada, Jacinto R. López e os irmáns Alberto e Antonio Camino. Pérez Costanti identifica a Enarda e Galatea con A. Camino, se ben xa no número 2 Galatea abandonaba a publicación por temor a que se descubrise a súa identidade. No aspecto literario mófase dos románticos santiagueses "con sus guedejas colgando a lo ruso ó a lo bárbaro". Cesou a súa publicación co número 9, en xuño de 1841, cambiando o título por El Iris de Galicia, continuando coa numeración anterior até agosto dese ano, cando se anunciou a súa desaparición definitiva, substituído por Revista de Galicia.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar