El Gallego (Pontevedra)

periódico galego

El Gallego foi un periódico editado en Pontevedra entre 1862 e 1863.

El Gallego

Editar o valor em Wikidata
Lingualingua castelá
LocalidadePontevedra
ISSN1577-614X
Na rede
Galiciana: 6775 HemBNE: 0004473969 HemBNE: 4355477
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Agricultura, industria, comercio, ciencias, artes y literatura, apareceu o 1 de decembro de 1862. En principio aparecía catro veces ao mes e despois tivo unha periodicidade decenal. Editado por Andrés Martínez López, estaba dirixido por Elisardo Ulloa Varela que tamén era o principal redactor. Entre os seus colaboradores figuraba Luís Rodríguez Seoane. Imprimiuse nos obradoiros de José Vilas. Defendeu o progreso e a instrución, e a modernización socioeconómica de Galicia, cunha especial énfase no ferrocarril. Incluíu información sobre temas culturais e composicións literarias. Cesou a súa publicación non antes do 10 de xuño de 1863.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar