Eino Leino, nado en Paltamo o 6 de xullo de 1878 e finado en Tuusula o 10 de xaneiro de 1926 foi un poeta e xornalista finlandés, considerado un dos pioneiros da poesía finesa. Os seus poemas combinas a modernidade con elementos do folclore finés. O estilo de gran parte da súa obra é similar ao Kalevala e a cancións tradicionais. A natureza, o amor e a desesperación son temas frecuentes na súa obra.

Infotaula de personaEino Leino

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fi) Armas Einar Leopold Lönnbohm Editar o valor em Wikidata
6 de xullo de 1878 Editar o valor em Wikidata
Paltamo, Finlandia Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xaneiro de 1926 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Tuusula, Finlandia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Hietaniemi Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaHövelö (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFinlandia Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo finlandés Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Helsinki
Oulun Lyseon Lukio (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, poesía, literatura do Romanticismo, xornalismo e crítica literaria Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónlingüista , dramaturgo , escritor , tradutor , poeta , xornalista , crítico literario Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1891 Editar o valor em Wikidata - 1925 Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioEino Leino Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua finesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHanna Laitinen (1921–)
Aino Kajanus (1913–)
Freya Schoultz
FillosEya Helka (en) Traducir
 () Freya Schoultz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsKasimir Leino (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0500467 Musicbrainz: 890aa3df-859a-49f5-8240-a7d175fb1406 Discogs: 639945 IMSLP: Category:Leino,_Eino Allmusic: mn0002209460 WikiTree: Leino-1 Find a Grave: 91851561 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Eino Leino naceu como Armas Einar Leopold Lönnbohm en Paltamo, sétimo e máis novo fillo dunha familia de dez nenos. O pai de Leino cambiara o seu apelido de Mustonen a Lönnbohm para avanzar na súa carreira. Kasimir Leino, irmán de Eino foi unha importante figura da cultura finlandesa, como poeta, crítico e director teatral. Eino e Kasimir Leino fundaron un xornal literario xuntos en 1898.[1]

Leino publicou o seu primeiro poema aos doce anos, e aos 18 unha colección de poemas, Maaliskuun lauluja.[1]

Os pais de Leino faleceron mentres el estaba aínda na escola. Comezou a súa educación en Kajaani e continuouna en Oulu e Hämeenlinna onde foi acollido por uns parentes. Leino graduouse na Escola de Gramática de Hämeenlinna e comezou na universidade en Helsinqui.[1]

Carreira literaria editar

No principio da súa carreira Eino Leino foi moi adorado e eloxiado polos críticos. Uniuse aos círculos literarios e xornalistas e fíxose membro dos Mozos Fineses. Entre os seus amigos estaban o artista Pekka Halonen e Otto Manninen, que gañou fama como poeta e tradutor.[2]

Trala Guerra Civil Finlandesa, a fe idealista de Leino na unidade nacional colapsou e a súa influencia como xornalista e polemista debilitouse. Garantíuselle unha pensión estatal como escritor en 1918 aos corenta anos. Aínda que publicou prolificamente, tivo problemas financeiros e a súa saúde deteriorouse. "A vida é sempre unha loita coas forzas eternas", escribiu Leino nunca carta de 1925 ao seu amigo Bertel Gripenberg.[2]

Leino publicou máis de setenta libros de poemas e contos. Os máis famosos foron as dúas coleccións de poemas Helkavirsiä (1903 e 1916), en que emprega extensamente a mitoloxía e o folclore fineses.[2]

Ademais de escribir poesía, Eino Leino escribiu en xornais sobre teatro e cultura en xeral, e traduciu obras de importantes escritores como Runeberg e Goethe.[1] Fixo a primeira tradución da Divina Comedia de Dante ao finés.[2]

Leino casou tres veces e tivo unha filla, Helka. Morreu en 1926 aos 47 anos e foi enterrado no cemiterio Hietaniemi de Helsinqui.[3]

A biografía máis detallada de Leino foi escrita na década de 1930 pola súa amante e colega L. Onerva. Na dramática historia, Onerva tamén escribe sobre a súa propia vida.[1]

Estilo literario e importancia editar

Leino é recoñecido como o primeiro e máis importante formador do romanticismo nacional na literatura finlandesa.[4] Realmente, Leino cuñou a expresión neorromanticismo nacional para caracterizar as obras de mozos finlandeses con talento como o compositor Jean Sibelius, o pintor Akseli Gallen-Kallela e o arquitecto Eliel Saarinen.[5]

O estilo de Leino desenvolveuse durante os 35 anos da súa carrira. Nos seus primeiro traballos, incluída a célebre colección Helkavirsiä (1903), é visible a influencia do épico Kalevala.[4]

Na metade da súa carreira, Leino traduciu os clásicos da literatura mundial ao finés. Na mesma época escribiu a súa propia obra en varios xéneros: poesía, teatro, ensaios, críticas e outras pezas de xornalismo. A súa obra abrangue un amplo rango emoconal, dende o amor profundo ata á misantropía e a crítica mordaz.[4]

Nos seus últimos anos, logo de problemas na súa vida persoal, Leino volveu aos temas nacionais románticos da súa mocidade.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Nevala, Maria-Liisa. "Leino, Eino (1878–1926)". Kansallisbiografia – The National Biography of Finland. Biografiakeskus, Suomalaisen Kirjallisuuden Seura. Consultado o 16 de xaneiro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Liukkonen, Petri. "Eino Leino". Books and Writers (kirjasto.sci.fi). Finland: Kuusankoski Public Library. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2007. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  3. "Hietaniemen hautausmaa– merkittäviä vainajia" (PDF). Kirkko Helsingissä. Consultado o 30 de novembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Sjöblom, Tomas. "Eight times state prizewinner". 375 humanists. Universidade de Helsinqui. Consultado o 5 de maio de 2016. 
  5. Greene R. et al (eds.): The Princeton Encyclopedia of Poetry and Poetics, p. 489. Princeton University Press, 2012. ISBN 9780691154916.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar