Abrir o menú principal

Edwin Mattison McMillan

físico estadounidense
(Redirixido desde "Edwin McMillan")

Edwin Mattison McMillan, nado o 18 de setembro de 1907 en Redondo Beach, no condado dos Ánxeles (Estados Unidos), e finado o 7 de setembro de 1991 en El Cerrito (California), foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1951.

Edwin Mattison McMillan
Nobel prize medal.svg
Mcmillan postcard.jpg
Datos persoais
Nacemento18 de setembro de 1907
LugarRedondo Beach (California) Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento7 de setembro de 1991 (83 anos)
LugarEl Cerrito (California) Estados Unidos de América Estados Unidos
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadeestadounidense
Cónxuxe
  • Elsie Walford Blumer
  • Actividade
    Campo
  • Química
  • Alma máter
  • Instituto Tecnolóxico de California
  • Universidade de Princeton
  • Director de tese
  • Edward Condon
  • Ernest Lawrence
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • creación dos primeiros elementos transuránicos
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1951)
  • National Medal of Science (1990)
  • editar datos en Wikidata ]

    Índice

    TraxectoriaEditar

    Estudou química no Instituto Tecnolóxico de California, onde se licenciou en 1928. Posteriormente ampliou os seus estudos na Universidade de Princeton, onde se doutorou en 1932. Ese mesmo ano foi nomeado profesor de química da Universidade de California, Berkeley, sendo nomeado director do Laboratorio de Radiación da mesma universidade en 1934, cargo que ocupou ata 1973.

    Investigacións científicasEditar

    En 1940, xunto a Philip Abelson, conseguiu crear o elemento sintético chamado neptunio (Np), un produto obtido a partir do uranio-239, usando o ciclotrón instalado en Berkeley. Durante a Segunda Guerra Mundial estivo implicado na investigació sobre o radar, sonar e as armas nucleares no Proxecto Manhattan. En 1945 desenvolveu, así mesmo, as ideas para a mellora do ciclotrón, conducindo ao desenvolvemento do sincrotrón.

    Xunto a Glenn T. Seaborg compartiu o Premio Nobel de Química de 1951 pola creación dos primeiros elementos transuránicos.

    Véxase taménEditar