Eduardo da Pena Lis

futbolista galego

Eduardo Dapena Lis, máis coñecido como Cholo, nado en Lourizán (Pontevedra) o 20 de novembro de 1933 e finado en Pontevedra o 27 de marzo de 2022[1], foi un futbolista galego. Xogaba de defensa e foi o capitán do Pontevedra nos anos de maior gloria do club, militando seis tempadas na Primeira División.

Cholo
Información persoal
Nome Eduardo Dapena Lis
Nacemento 20 de novembro de 1933
Lugar de nacemento Lourizán
Falecemento 27 de marzo de 2022
Lugar de falecemento Pontevedra
Altura 1,68 m
Posición Defensa
Carreira xuvenil
San Lorenzo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
San Pedro
Camino Nuevo
–1954 Nodales
1954–1955 Vilagarcía
1955–1958 Arousa
1958–1969 Pontevedra 300 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou xogando ao fútbol nos infantís do San Lorenzo de Pontevedra, pasando logo polos equipos modestos do San Pedro, Camino Nuevo e Nodales, antes de recalar no Vilagarcía.[2][3] Na tempada 1955/56 pasou ao Arousa,[4] co que logrou ese ano o ascenso á Terceira División con Manolé no banco, e na seguinte un cuarto posto na categoría de bronce.

Para a tempada 1958/59 fichou xunto ao seu compañeiro Kaki polo Pontevedra, tamén da Terceira División.[5] Disputou 60 partidos nas seguintes dúas tempadas, logrando na segunda delas, con Cuqui Bienzobas no banco, o ascenso á Segunda División. Xogou as seguintes tres tempadas na categoría de prata, sendo titular indiscutible na defensa, acompañado na maioría de partidos por Calleja e Pastor. Na tempada 1962/63, con Rafael Yunta como adestrador, o equipo logrou un histórico ascenso á Primeira División, ao proclamarse campión de Segunda.[6]

Na tempada 1963/64 debutou na máxima categoría, ao mesmo tempo que o club, nun empate 1-1 contra o Zaragoza en Pasarón. Disputou case todos os encontros da tempada, sendo os seus compañeiros máis habituais na zaga Calleja, Batalla e Azcueta, pero o equipo acabou descendendo. Na seguinte tempada volvéronse proclamar campións de Segunda, regresando de novo á máxima categoría. Continuou cinco anos máis no club granate, sendo o capitán e un dos alicerces do "Hai que roelo", un equipo cunha forte solidez defensiva que fixo de Pasarón un fortín no que caeron derrotados os grandes equipos da liga, e que chegou a rematar oitavo na tempada 1967/68. Deixou o Pontevedra en decembro de 1969,[7] despois dun total de 11 tempadas e media no club, nas que disputou 327 partidos oficiais e conseguiu un só gol, nun encontro fronte ao Las Palmas.[8]

Compaxinaba o fútbol coa súa profesión de chofer, conducindo o trolebús que enlazaba Pontevedra con Marín.[9]

Estatísticas editar

Club Categoría Tempada Partidos Goles
Arosa SC Terceira División 1955/56 ? ?
Arosa SC Terceira División 1956/57 ? ?
Arosa SC Tercera División 1957/58 ? ?
Pontevedra CF Terceira División 1958/59 27 0
Pontevedra CF Terceira División 1959/60 33 0
Pontevedra CF Segunda División 1960/61 32 0
Pontevedra CF Segunda División 1961/62 31 0
Pontevedra CF Segunda División 1962/63 30 0
Pontevedra CF Primeira División 1963/64 30 0
Pontevedra CF Segunda División 1964/65 33 0
Pontevedra CF Primeira División 1965/66 24 0
Pontevedra CF Primeira División 1966/67 22 1
Pontevedra CF Primeira División 1967/68 33 0
Pontevedra CF Primeira División 1968/69 27 0
Pontevedra CF Primeira División 1969/70 5 0

Notas editar

  1. Diego Espiño (27 de marzo de 2022). "Loito no Pontevedra CF: Falece Cholo, eterno capitán e símbolo do Hai que Roelo". Pontevedra Viva. 
  2. García Fernández, Avelino (21 de xaneiro de 1960). "Cholo, un puntal de la defensa granate". La Noche (en castelán) (11967). p. 4. Consultado o 16 de decembro de 2021. 
  3. "El Nodales nuevo campeón de modestos". El Pueblo Gallego (en castelán) (10090). 9 de xuño de 1954. p. 7. Consultado o 16 de decembro de 2021. 
  4. "El Arosa venció al Pontevedra por 2 a 0". La Noche (en castelán) (10761). 9 de setembro de 1955. p. 5. Consultado o 16 de decembro de 2021. 
  5. "Diecinueve jugadores figuran, por ahora, en las listas del Pontevedra". El Pueblo Gallego (en castelán) (11332). 3 de agosto de 1958. p. 11. Consultado o 16 de decembro de 2021. 
  6. "El Pontevedra, en Primera División". La Noche (en castelán) (12901). 15 de abril de 1963. p. 6. Consultado o 16 de decembro de 2021. 
  7. "En Granada, Albino debutará en Primera División con el Pontevedra". El Pueblo Gallego (en castelán). 27 de decembro de 1969. p. 15. Consultado o 17 de decembro de 2021. 
  8. "En Pasarón, victoria del Las Palmas (2-3)". El Pueblo Gallego (en castelán). 6 de decembro de 1966. p. 17. Consultado o 17 de decembro de 2021. 
  9. "Loito no Pontevedra CF: Falece Cholo, eterno capitán e símbolo do Hai que Roelo". Pontevedra Viva. 27 de marzo de 2022. Consultado o 10 de abril de 2022.