Economía de Togo

A pequena economía do Togo é moi dependente da agricultura, tanto a comercial como a de subsistencia. As actividades agrícolas empregan 65% da man de obra. Cacao, café e algodón representan xuntos o 40% das exportacións. A pesar da importancia da agricultura, é necesario importar algúns alimentos básicos[1]. Algúns produtos destinadas ao consumo interno son o millo, a mandioca e o millete que permiten nestes momentos garantir un mínimo alimenticio aos togoleses.

Economía de Togo
Moeda Franco CFA da África Occidental
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Africana
Datos estatísticos[1]
PIB 7 024 millóns (2012)
Posición do PIB 161ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 5% (2012)
PIB per cápita 1 100 (2012)
PIB por sector agricultura 45,7%, industria 21,4%, servizos 33% (2012)
Inflación 2,8% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 2.595.000 (2007)
Forza de traballo por sector agricultura 65%, industria 5%, servizos 30% (1998)
Desemprego dato non dispoñíbel
Industrias minería de fosfato, procesamento agrícola, cemento, artesanía, téxtil, bebidas
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 893,8 millóns (2012)
Produtos de exportación reexportacións, algodón, fosfatos, café, cacao
Principais mercados República Popular da China 10.7%, Burkina Faso 8.3%, India 8.3%, Benín 8.2%, Níxer 6.3%, Alemaña 5.7%, Ghana 4.8%, Indonesia 4.7% (2011)
Importacións 1 492 millóns (2012)
Principais produtos importados máquinas e equipamentos, alimentos, produtos de petróleo
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 1,64 mil millóns (2009)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Minería de fosfato en Togo.

Togo é o cuarto produtor mundial de fosfato[1] de que existen preto de 60 millóns de Tm en reservas, extraendo algo máis de 1 millón anual. Os maiores problemas das explotacións derivan da falta de investimentos tecnolóxicos nos procesos industriais e de captación do material e o esgotamento das minas de máis fácil acceso. A principal industria do país é a extracción mineral.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2020. Consultado o 16 de xuño de 2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).