Economía de Somalia

A pesar da falta dun goberno nacional, Somalia hai mantido unha forte economía informal, baseada principalmente na gandería, na transferencia e remesas de fondos, e nas telecomunicacións. A agricultura é o máis forte sector, e a gandería representa uns 40% do PIB e máis de 50% das exportacións[1].

Economía de Somalia
Moeda Xilin somalí
Organizacións comerciais de que fai parte Unión Africana
Datos estatísticos[1]
PIB 5.731 millóns (2009)
Posición do PIB 155ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 2,6% (2009)
PIB per cápita 600 dólares (2009)
PIB por sector agricultura 65%, industria 10%, comercio e servizos 25% (2005)
Inflación dato non dispoñíbel
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 3 447 000 (2007)
Forza de traballo por sector agricultura 71%, industria, comercio e servizos 29% (1975)
Desemprego dato non dispoñíbel
Industrias algunhas industrias lixeiras, incluíndose azucre, téxtiles e comunicación sen fío
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 300 millóns (2006)
Produtos de exportación animais vivos, bananas, coiro de animais, peixe, carbón vexetal, sucata
Principais mercados Emiratos Árabes Unidos 56,8%, Iemen 21,2%, Arabia Saudita 3,7% (2008)
Importacións 798 millóns (2006)
Principais produtos importados manufacturados, derivados de petróleo, alimentos, materiais de construción, qat
Principais mercados Djibuti 30,3%, Kenya 7,9%, India 7,7%, Estados Unidos 6,2%, Omán 5,8%, Emiratos Árabes Unidos 5,7%, Iemen 4,9% (2008)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 3 mil millóns (2001)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

É un dos países máis pobres do planeta, con relativamente poucos recursos naturais. A maior parte da economía foi devastada na guerra civil.[cando?] Gran parte da súa poboación, que vive da cría de gando, é nómade ou seminómade. A banana é outro importante produto de exportación. O azucre, o sorgo, o millo e os peixes son producidos soamente para o mercado interno.

O pequeno sector industrial baséase no procesamento de produtos agrícolas, e responde por 10% do PIB. Moitas industrias foran fechadas por causa da guerra civil.

Somalia ten unha das máis altas taxas de mortalidade infantil do mundo, co case 10% dos nenos morrendo pouco despois de nacer, e 25% dos sobreviventes morrendo antes dos 5 anos de idade.[Cómpre referencia] A organización humanitaria Médicos Sen Fronteiras considera a situación do país "catastrófica".[cando?]

Actualmente, algunhas áreas do país están máis economicamente activas do que antes da guerra, cando o réxime socialista de Siad Barre eliminou a libre iniciativa. Especialmente o norte do país recuperouse economicamente. O país continúa pobre, pero o número de persoas vivindo abaixo da liña da pobreza ten diminuído.[Cómpre referencia]

Notas editar