Abrir o menú principal

Indonesia, unha nación poliglota e vasta, ten resistido á crise financeira global de modo relativamente tranquilo debido ao motor principal de seu crecemento económico ser o consumo interno. O crecente investimento realizado tanto por investidores locais canto por estranxeiros, contribui para sustentar o sólido crecemento. A pesar do crecemento da economía caer dos máis do 6% en 2007 e 2008 para os 4,5% en 2009, el xa retornou en 2010 ao nivel dos 6%[1]. O país é un dos primeiros países exportadores de petróleo, estaño e caucho do mundo. A maior parte da súa poboación continúa vinculada á agricultura de subsistencia, á pesca e á explotación forestal.

Economía de Indonesia
Moeda Rupia de Indonesia
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, ASEAN, APEC
Datos estatísticos[1]
PIB 3,25 billóns (2017)
Posición do PIB 7ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 5,1% (2017)
PIB per cápita 12 400 (2017)
PIB por sector agricultura 13,7%, industria 41%, servizos 45,4% (2017)
Inflación 3,8% (2017)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 125.000.000 (2017)
Forza de traballo por sector agricultura 32%, industria 21%, servizos 47% (2016)
Desemprego 5,4% (2017)
Industrias petróleo e gas natural, téxtiles, automóbiles, electrodomésticos, roupas, calzados, minería, cemento, instrumentos e insumos médicos, artesanía, fertilizantes químicos, madeira traballada, caucho, alimentos industrializados, xoias, turismo
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 168,9 mil millóns (2017)
Produtos de exportación combustibles fósiles (petróleo e gas natural),graxas de orixe animal e vexetal, electrodomésticos, madeira traballada, téxtiles, caucho
Principais mercados República Popular China 13,6%, Estados Unidos 10,6%, Xapón 10,5%, India 7,6%, Singapur 7,6%, Malaisia 5,1%, Corea do Sur 4,8% (2017)
Importacións 150,1 mil millóns (2017)
Principais produtos importados combustibles fósiles, máquinas e equipamentos, produtos químicos, alimentos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 344,4 mil millóns (2017)
Ingresos 131,7 mil millóns (2017)
Gastos 159,6 mil millóns (2017)
Rúa Thamrin, centro financeiro de Jakarta.

NotasEditar