Economía de Granada

O progreso económico de Granada, debido ás reformas fiscais e unha macroeconomía prudente disparou o crecemento anual do país ao 5%-6% en 1998-99. O incremento da actividade económica estivo liderado pola construción e o comercio. As instalacións turísticas aumentáronse, debido a que o turismo é a principal entrada de capital estranxeiro no país. Os asuntos económicos máis importantes que preocupan ao goberno é o crecente déficit fiscal e a deterioración do balance externo . Granada comparte un banco central e unha divisa común cos outros sete membros da Organización de Estados do Caribe Oriental (OECS).

Economía de Granada, Caribe
Moeda Dólar Caribe-Leste
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Caricom
Datos estatísticos[1]
PIB 1 471 millóns (2012)
Posición do PIB 197ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 0,5% (2012)
PIB per cápita $ 14 100 (2012)
PIB por sector agricultura 5,4%, industria 12,6%, comercio e servizos 81,9% (2012)
Inflación 3,2% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 47.580 (2008)
Forza de traballo por sector agricultura 11%, industria 20%, comercio e servizos 69% (2008)
Desemprego 25% (2008)
Industrias alimentos e bebidas, téxtiles, industria lixeira, turismo, construción
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 36,36 millóns (2011)
Produtos de exportación noz moscada, banana, cacao, froitas e verduras, roupa, especiarías
Principais mercados Santa Lucía 19,8 %, Antiga e Barbuda 13,5 %, San Cristobo e Nevis 12,1 %, Dominica 12,1 %, Estados Unidos 10,2 % (2011)
Importacións 296,3 millóns (2011)
Principais produtos importados alimentos, manufacturados, máquinas, produtos químicos, combustibles
Principais mercados Trinidad e Tobago 43,2%, Estados Unidos 19% (2011)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 538 millóns (2010)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Noz moscada.

Granada é coñecida como unha "illa das especias" e é unha fonte natural de noz moscada, macis, cravo, xenxibre e canela. O material enrejado vermello da foto é a macis. Atópase entre a froita da noz moscada e a propia noz (a casca exterior).

Os furacáns Ivan (2004) e Emily (2005) damnificaron severamente o seu sector agrícola, especialmente o cultivo de cacao, que foi durante anos un dos principais motores do crecemento da economía do país[1]. Logo da devastación dos furacáns, o país confronta un enorme déficit público ampliado durante o proceso de reconstrución, que chega hoxe a 110% do PIB[1].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 24/04/2020. Consultado o 2/6/2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).