Economía de Gabón

Gabón ten unha renda per cápita que é o triplo da de moitas nacións da África subsahariana. Aínda que por unha alta desigualdade nos ingresos unha ampla proporción da poboación é pobre[1]. O país ten grandes reservas de mineral de ferro e de árbores de madeiras moi finas. Outros recursos importantes son o petróleo, o manganeso e o uranio.

Economía de Gabón
Moeda Franco CFA da África Central
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Africana
Datos estatísticos[1]
PIB 20,81 mil millóns (2009)
Posición do PIB 120ª no mundo[2]
Crecemento do PIB -2,8% (2009)
PIB per cápita US$ 13.700 (2009)
PIB por sector agricultura 5,4%, industria 56,7%, comercio e servizos 37,9% (2009)
Inflación 3% (2009)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 633.000 (2009)
Forza de traballo por sector agricultura 60%, industria 15%, comercio e servizos 25% (2000)
Desemprego dato non dispoñíbel
Industrias {{{Industrias}}}
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 5 868 millóns (2009)
Produtos de exportación petróleo cru 70%, madeira, manganeso, uranio,
Principais mercados Estados Unidos 28,2%, República Popular da China 21,2%, Xapón 11,3%, Francia 6,2%, España 4,5%, Trinidad e Tobago 4,4% (2008)
Importacións 2 296 millóns (2009)
Principais produtos importados máquinas e equipamentos, alimentos, produtos químicos, materiais de construción
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 3 065 millóns (2009)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

A súa pouca poboación, abundantes recursos naturais e o investimento privado estranxeira axudaron a facer de Gabón un dos países máis prósperos da rexión, a pesar de que ten unha taxa de desemprego do 21% (2000).

As súas principais exportacións son o petróleo, a madeira, o manganeso e o uranio, as que se destinan a Francia (62%), Costa do Marfil (7%), Reino Unido (2%) e Países Baixos (2%).

Gabón importa maquinaria agrícola, alimentos, metais, produtos químicos, materiais de construción e equipos de transportes. Os mesmos proveñen de Francia (62%), Costa do Marfil (7%) e o Reino Unido (2%).

A taxa de inflación anual é do 1,5% (2004), o PBI per cápita ascende a 5600 dólares e a débeda externa era de 3.849 millóns de dólares en 2006.

Notas editar