Economía de Croacia
Unha das máis ricas repúblicas da antiga Iugoslavia, Croacia sufriu seriamente os efectos da guerra civil entre 1991 e 1995. A produción caeu e a economía perdeu as primeiras levas de investimentos que foron dirixidas aos países do Este Europeo logo da caída do Muro de Berlín[1]. A renda per cápita croata no 2004 representaba tan só o 41,6% da renda media da UE (8.960€), as consecuencias desfavorables da guerra dos Balcáns e os reasentamentos étnicos da poboación frearon o desenvolvemento económico.
Economía de Croacia | |
---|---|
Moeda | euro € |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Europea |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 79,69 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 82ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | -2% (2012) |
PIB per cápita | 18 100 (2012) |
PIB por sector | agricultura 5%, industria 25,8% servizos 69,2% (2012) |
Inflación | 3,4% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 1.702.000 (2012) |
Forza de traballo por sector | agricultura 2,1%, industria 29%, servizos 69% |
Desemprego | 19,1% (2012) |
Industrias | produtos químicos e plásticos, máquinas e ferramentas, produtos de metal, electrónicos, ferro e aceiro, aluminio, papel, produtos de madeira, materiais de construción, téxtilei, barcos, petróleo refinado, alimentos e bebidas, turismo |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 12,42 mil millóns (2012) |
Produtos de exportación | equipamentos de transporte, máquinas, téxtiles, produtos químicos, alimentos, combustibles |
Principais mercados | Italia 14,9%, Bosnia e Hercegovina 13,2%, Alemaña 10,2%, Eslovenia 8,8%, Austria 6,8% (2012) |
Importacións | 20,24 mil millóns (2012) |
Principais produtos importados | máquinas, equipamentos eléctricos e de transporte, produtos químicos, combustibles e lubrificantes, alimentos |
Principais mercados | Italia 16,7%, Alemaña 12,9%, Rusia 7,6%, República Popular da China 7,1%, Eslovenia 5,9%, Austria 4,5% (2012) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 65,23 mil millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Entre o 2000 e o 2007 a economía tiven un continuo crecemento anual, entre o 4% e o 6%, sobre todo debido ao crecemento do turismo e da oferta de crédito directo ao consumo.[1] A cidade de Dubrovnik volve estar nos principais destinos dos operadores de turismo internacionais. Entre o 2000 e o 2007, a inflación quedou baixa e a moeda, kuna, quedou estable.[1]
Actualmente, é unha economía que se atopa moi preto do desenvolvemento segundo o Foro Económico Mundial. Xunto á da República de Eslovenia, eran e seguen sendo as nacións máis industrializadas e avanzadas da ex-Iugoslavia. Os principais socios comerciais de Croacia son Italia e Alemaña, cos cales realiza intercambios comerciais que suman máis dun 20% do seu PIB[3].
O país é hoxe un candidato oficial para acceder á Unión Europea, xunto coa República da Macedonia e Turquía. Os seus indicadores macroeeconómicos son mellores que países que xa accederan á UE en 2004. O acceso de Eslovenia á UE e a súa incorporación ó sistema monetario do Euro, son novas esperanzadoras para a segunda economía máis estable da ex-Iugoslavia. De tódolos xeitos, o comisario encargado da ampliación Olli Rehn, dixo que ningún novo país se incorporaría á Unión tras Romanía e Bulgaria ata o 2010. As maiores trabas son a política agraria e o libre movemento de persoas e capitais, consecuencias do pasado comunista croata.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2020. Consultado o 15 de novembro de 2013.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).
- ↑ "Economía Croacia - Croacia información". Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2009. Consultado o 13 de marzo de 2010.