Abrir o menú principal

A economía de Bangladesh creceu unha media de 5 a 6% ao ano desde 1996 a pesar da pouca eficiencia das empresas estatais, da demora en explorar as reservas de gas natural, da escaseza de fontes de enerxía e da demora en facer reformas económicas.

Economía de Bangladesh
Moeda Taka
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, SAFTA
Datos estatísticos[1]
PIB 311 mil millóns (2012)
Posición do PIB 44ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 6,1% (2012)
PIB per cápita 2 100 (2012)
PIB por sector agricultura 17,5%, industria, 28,5%, servizos 53,9% (2012)
Inflación 8,7% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 77.000.000 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 45%, industria 30%, servizos 25% (2008)
Desemprego 5% (2012)
Industrias xuta, algodón, roupas, papel, coiro, fertilizantes, ferro e aceiro, cemento, produtos de petróleo, tabaco, fármacos, cerámicas, , sal, azucre, aceites comestibles, xabón e deterxentes, manufaturados de metal, electricidade e gas natural
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 26,25 mil millóns (2012)
Produtos de exportación roupas, téxtiles, produtos agrícolas, peixe e froitos do mar conxelados, xute e derivados, coiro
Principais mercados Estados Unidos 16,7%, Alemaña 12,5%, Reino Unido 8,4%, Francia 5% (2012)
Importacións 34,56 mil millóns (2012)
Principais produtos importados máquinas e equipamentos, produtos químicos, ferro e aceiro, téxtiles, alimentos, derivados de petróleo, cemento
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 28,07 mil millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Centro comercial de Dacca.

Malia que a metade do produto interior bruto é xerado polo sector de servizos, case 2/3 da poboación vive da agricultura[1]. O desenvolvemento agrícola é dificultado pola elevada fragmentación da propiedade rural e polas choivas irregulares. A produción de alimentos, sobre todo de cereais, é destinada ao consumo interno. O principal cultivo industrial é o arroz, nas áreas de Mymensingh, Rangpur, Comilla e Dacca. A cría de vacún é grande, e os animais son destinados principalmente ao traballo no campo. Unha parte realmente grande da poboación (a 8ª maior do mundo) sofre de malnutrición crónica.

SituaciónEditar

Desde 1971 o país recibiu 30 billóns de dólares, e 15 xa foron desembolsados. Os maiores doantes son o Banco Mundial, o Banco Asiático de Desenvolvemento, o Programa de Desenvolvemento das Nacións Unidas, os Estados Unidos, Xapón, Arabia Saudita e Europa oriental. Con preto da metade da poboación por baixo da liña da pobreza, Bangladesh posúe o índice de pobreza máis alto do sueste asiático e o terceiro no mundo, por detrás da India e China. Como outros países na mesma siuación de desenvolvemento, Bangladesh ten un gran déficit fiscal, e grandes deficiencias na calidade dos servizos sociais.

NotasEditar