Economía de Austria

Austria, co súa forte economía de mercado e alto padrón de vida, ten ligazóns estreitas con outros países da Unión Europea, en especial Alemaña. Ten un forte sector de servizos, un expresivo sector industrial e un sector agrícola pequeno, pero desenvolvido[1]. O país tamén está beneficiandose de fortes relacións comerciais, especialmente no sector bancario e de seguros, cos países da Europa Central, Leste e Sueste.

Economía de Austria
Moeda Euro
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Europea, OCDE
Datos estatísticos[1]
PIB 361 mil millóns (2013)
Posición do PIB 38ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 0.4% (2013)
PIB per cápita 42 600 (2013)
PIB por sector agricultura 1,6%, industria 28.6%, servizos 69.8% (2013)
Inflación 2.1% (2013)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 3.737.000 (2013)
Forza de traballo por sector   agricultura 5.5%, industria 26%, servizos 68.5% (2012)
Desemprego 4.9% (2013)
Industrias construción, máquinas, vehículos e pezas, alimentos, metais, produtos químicos, madeira e o seu procesamento, papel, equipamentos de comunicación, turismo
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 165.6 mil millóns (2013)
Produtos de exportación máquinas e equipamentos, vehículos a motor e pezas, papel e derivados, artecfatos de metal, produtos químicos, aceiro, téxtiles, alimentos
Principais mercados Alemaña 29.31%, Italia 6.25%, Suíza 5.08%, os Estados Unidos 5% e Francia 4.27% (2013)
Importacións 167.9 mil millóns (2013)
Principais produtos importados máquinas e equipamentos, vehículos a motor, produtos químicos, artefactos de metal, petróleo e derivados, alimentos
Principais mercados Alemaña 40.39%, Italia 6.13%, Suíza 5.36% (2013)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 812 mil millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Donau City, en Viena.

Despois de varios anos de forte demanda polas exportacións austríacas e dun gran crecemento do nivel de emprego, a crise económica mundial do 2008 trouxe unha recesión profunda, pero de curta duración. A economía retraiu 3,9% o 2009 pero rexistrou un crecemento de 2% en 2010 e 3% en 2011[1]. O desemprego non creceu tanto como noutras rexións da UE, en parte por mor de subvencións do goberno para as empresas, que aplicaron a redución da xornada de traballo, sen despedimentos[1]. As medidas de estabilización e de estímulo, e tamén unha redución no imposto sobre a renda resultaron o crecemento do déficit público en 4,7% en 2010 e 3,6% en 2011, en comparación con só 1,8% en 2008[1].

O país fai parte da Unión Europea, dende o 1 de xaneiro de 2005. É a 36ª economía do mundo en tamaño e a 4ª da UE[1].

Datos económicos do 2010[1] editar

Valores en dólares

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2020. Consultado o 08 de xuño de 2009.  Consultado o 21 de maio de 2014
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés). 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar