Dorothy Day, nada en Nova York o 8 de novembro de 1897 e finada na mesma cidade o 29 de novembro de 1980, foi unha xornalista e activista social estadounidense. Day inicialmente mantivo un estilo de vida bohemio antes de gañar recoñecemento público como activista social trala súa conversión ao catolicismo. Foi unha política radical,[1] quizais a máis coñecida na historia do Igrexa católica estadounidense.[2]

Infotaula de personaDorothy Day

(1916) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de novembro de 1897 Editar o valor em Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte29 de novembro de 1980 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo cristão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Illinois en Urbana-Champaign
Lincoln Park High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , sindicalista , activista pola paz , autobiógrafa , editora literaria , escritora , activista social , sufraxista Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoAnarquismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
IrmánsGrace Delafield Day Spier (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0206383 Dialnet: 1639894 iTunes: 422540117 WikiTree: Day-7483 Find a Grave: 6246009 Editar o valor em Wikidata

A conversión de Day foi descrita na súa autobiografía, The Long Loneliness.[3][4] Day foi tamén unha activa xornalista e describiu o seu activismo nos seus escritos. En 1917 foi encarcerada como membro do movemento sufraxista non violento Silent Sentinels, de Alice Paul. Na década de 1930, Day traballou xunto co seu compañeiro activista Peter Maurin para establecer o Movemento Católico Obreiro (Catholic Worker Movement), movemento pacifista que combina a axuda directa aos pobres e ás persoas sen fogar coa non violencia directa. Practicou a desobediencia civil, que provocou outros arrestos en 1955,[5] 1957,[6] e 1973, aos setenta e cinco anos.[1] Como parte do Movemento Católico Obreiro, Day cofundou o xornal Catholic Worker en 1933, e traballou como a súa editora dende 1933 e ata a súa morte en 1980. No xornal, Day defendeu a teoría económica católica do distributismo, que consideraba unha terceira vía entre o capitalismo e o socialismo.[7][8] O papa Bieito XVI empregou a historia da súa conversión como exemplo de "viaxe cara á fe... nun ambiente secularizado".[3] O papa Francisco incluíuna nunha breve listaxe de estadounidenses exemplares con Abraham Lincoln, Martin Luther King Jr. e Thomas Merton, no seu discurso ante o congreso dos Estados Unidos.[9] A Igrexa abriu a causa para a canonización de Day, que foi aceptada pola Santa Sé para a súa investigación. Debido a isto, a Igrexa refírese a ela co título de Serva de Deus.

Legado editar

Judith Palache Gregory foi a testamenteira de Day. Os seus documentos están na Universidade Marquette, xunto con moitos arquivos do Movemento Católico Obreiro.[10] Os seus diarios e cartas foron editados por Robert Ellsberg e publicados pola Marquette University Press en 2008 e 2010.[11]

Os intentos de preservar o bungalow da praia de Staten Island na comunidade de Spanish Camp en que viviu as últimas décadas da súa vida fracasaron en 2001.[12] A súa casa foi derrubada xusto cando a New York City Landmarks Preservation Commission ía declarala paisaxe histórica. O soar ocúpano algo máis de media ducia de casas privadas.[13]

En maio de 1983, unha carta pastoral emitida pola conferencia episcopal dos Estados Unidos, "The Challenge of Peace", destacou o seu papel no establecemento da non violencia como principio católico: "o testemuño non violento de figuras como Dorothy Day e Martin Luther King tivo un fondo impacto na vida da Igrexa nos Estados Unidos".[14] O papa Bieito XVI, o 13 de febreiro de 2013, nos últimos días do seu papado, citou a Day como exemplo de conversión. Citou os seus escritos e dixo: "A viaxe cara á fe nun ambiente tan secularizado foi particularmente difícil, mais non obstante a Graza actúa".[15]

O 24 de setembro de 2015, Francisco converteuse no primeiro papa que asistiu a unha reunión conxunta do Congreso dos Estados Unidos de América. Day foi unha das catro estadounidenses mencionadas polo papa no seu discurso que incluíu a Abraham Lincoln, Martin Luther King Jr. e Thomas Merton. Dixo de Day: "O seu activismo social, a súa paixón pola xustiza e pola causa dos oprimidos, foron inspirados polo Evanxeo, a súa fe e o exemplo dos santos".[16]

Filmes editar

En 1996 estreouse un filme independente sobre Dorothy Day titulado Entertaining Angels: The Dorothy Day Story. Day foi interpretada por Moira Kelly, e Peter Maurin por Martin Sheen.[17] A longametraxe documental Dorothy Day: Don't Call Me a Saint estreouse en 2005 e foi mostrado no Festival de Cinema de Tribeca de 2006.[18]

Recoñecementos póstumos editar

Causa de santidade editar

Os misioneiros claretianos propuxeron a canonización de Day en 1983. A petición do cardeal John J. O'Connor, cabeza da diocese en que ela vivía, en marzo de 2000 o papa Xoán Paulo deu permiso á arquidiocese de Nova York para abrir a causa, permitíndolle chamala "Serva de Deus". Segundo require o dereito canónico, a arquidiocese enviou a causa para a aceptación da Conferencia Episcopal estadounidense, que a recibiu en novembro de 2012.[25]

Algúns membros do Movemento Católico Obreiro puxeron obxeccións ao proceso de canonización por supor unha contradición dos valores e preocupacións de Day.[26]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Elie (2003), páx. 433
  2. Cannon, Virginia (30 de novembro de 2012). "Day by Day; A Saint for the Occupy Era?". The New Yorker. Consultado o 30 de setembro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 Pope Benedict XVI (13 de febreiro de 2013). "General Audience, 13 de febreiro de 2013". Vatican. Consultado o 30 de setembro de 2015. 
  4. Elie (2003), páx. 43
  5. Elie (2003), páx. 236-237
  6. Elie (2003), páx. 279
  7. "G.K. Chesterton and Dorothy Day on Economics:Neither Socialism nor Capitalism (Distributism)". cjd.org. Consultado o 2 de outubro de 2015. 
  8. "The ChesterBelloc Mandate: Dorothy Day and Distributism". Consultado o 2 de outubro de 2015. 
  9. Pope Francis (24 de setembro de 2015). "Visit to the Joint Session of the United States Congress". Vatican. Consultado o 30 de setembro de 2015. 
  10. "Dorothy Day-Catholic Worker Collection". Special Collections & University Archives. Raynor Memorial Libraries. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2014. Consultado o 26 de xaneiro de 2014. 
  11. The Duty of Delight
  12. Barrett, Wayne (1 de maio de 2001). "Sacking a Saint". Village Voice. Consultado o 4 de marzo de 2022. , este non era o mesmo bungalow onde vivía cando se converteu ao catolicismo.
  13. Somma-Hammel, Jan (23 de outubro de 2018). "Then and now: Annadale was green, beautiful". silive.com (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2019. 
  14. "The Challenge of Peace: God's Promise and Our Response, May 3, 1983" (PDF). US Conference of Catholic Bishops. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xaneiro de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2014. 
  15. McElwee, Joshua J. (13 de febreiro de 2013). "Looking to legacy, pope mentions Dorothy Day". National Catholic Reporter. Consultado o 26 de xaneiro de 2014. 
  16. "Address of the Holy Father". The Vatican. 24 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 24 de setembro de 2015. 
  17. "The Peace Abbey Courage of Conscience Award Recipients". The Peace Abbey. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2014. Consultado o 13 de outubro de 2009. 
  18. "National Women's Hall of Fame, Women of the Hall, Dorothy Day". National Women's Hall of Fame. Consultado o 26 de xaneiro de 2014. 
  19. O'Neil, Dennis (19 de febreiro de 2015). "Dennis O’Neil: Gotham’s Doctor, Batman’s Saint". ComixMix. Consultado o 7 de maio de 2016. 
  20. "Time Without Measure by The Chairman Dances". Bandcamp. 
  21. "The Chairman Dances - "Dorothy Day and Peter Maurin" (audio) (premiere)". PopMatters. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2016. 
  22. Collins, Jon. "Higher Ground, new homeless shelter, open for first night in St. Paul". Consultado o 24 de agosto de 2017. 
  23. "US bishops endorse sainthood cause of Catholic Worker's Dorothy Day". Catholic New Service. 13 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2012. Consultado o 1 de decembro de 2012. 
  24. "Some followers question Day sainthood". Catholic San Francisco. 5 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2014. Consultado o 27 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Carol Byrne (2010) The Catholic Worker Movement (1933-1980): A Critical Analysis, Central Milton Keynes, UK: AuthorHouse
  • Virginia Cannon, "Day by Day: A Saint for the Occupy Era?" The New Yorker, 30 de novembro de 2012
  • Jeffrey M. Shaw (2014) Illusions of Freedom: Thomas Merton and Jacques Ellul on Technology and the Human Condition Wipf and Stock.
  • Robert Coles (1987) Dorothy Day: A Radical Devotion, Radcliffe Biography Center, Perseus Books, conversas con Dorothy Day
  • Elie, Paul (2003). The Life You Save May Be Your Own. Nova York, NY: Farrar, Strauss, and Grioux. 
  • Brigid O'Shea Merriman (1994) Searching for Christ: The Spirituality of Dorothy Day
  • William Miller (1982) Dorothy Day: A Biography, NY: Harper & Row
  • June O'Connor (1991) The Moral Vision of Dorothy Day: A Feminist Perspective
  • Mel Piehl (1982) Breaking Bread: The Origins of Catholic Radicalism in America
  • William J. Thorn, Phillip Runkel, Susan Mountin, eds. (2001) Dorothy Day and the Catholic Worker Movement: Centenary Essays, Marquette University Press, 2001
  • Robert Atkins (2013) "Dorothy Day's social Catholicism: the formative French influences"
  • Terrence C. Wright, Dorothy Day: An Introduction to Her Life and Thought, Ignatius Press, 2018.

Ligazóns externas editar