Dorothea Christiane Erxleben

(Redirección desde «Dorothea Erxleben»)

Dorothea Christiane Erxleben (nada Leporin), coñecida tamén como Dorothea Erxleben, nada en Quedlinburg (Reino de Prusia) o 13 de novembro de 1715 e finada na mesma cidade o 13 de xuño de 1762, foi unha médica alemá célebre por ter sido a primeira muller en obter un doutoramento en medicina en Alemaña, na Universidade de Halle, en 1754.[1]

Modelo:BiografíaDorothea Christiane Erxleben

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Dorothea Christiane Leporin Editar o valor en Wikidata
13 de novembro de 1715 Editar o valor en Wikidata
Quedlinburg, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte13 de xuño de 1762 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Quedlinburg, Alemaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Halle-Wittenberg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencias da saúde Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédica Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Halle-Wittenberg Editar o valor en Wikidata
Influencias
Familia
CónxuxeJohann Christian Erxleben Editar o valor en Wikidata
FillosJohann Christian Erxleben, Johann Heinrich Christian Erxleben Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir
Medvik >>>:Erxleben, Dorothea Christine, 1715-1762, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Leporin-1

Traxectoria

editar

A unha idade moi temperá foi instruída en ciencia básica, latín e medicina polo seu pai, Christian Polycarp Leporin, médico que exercía en Quedlinburg.[2] [3] A médica italiana Laura Bassi (profesora universitaria, inspirouna para loitar polo seu dereito a practicar a medicina.

En 1742 publicou o tratado Gründliche Untersuchung der Ursachen, die das weibliche Geschlecht vom Studiren abhalten ("Investigación exhaustiva das causas que impiden que o xénero feminino estude") argumentando que a muller debería poder acceder á universidade.[4]

Despois de ser admitida para o estudo por unha dispensa do rei Frederico II o Grande,[5] Erxleben recibiu o seu doutoramento en medicina na Universidade de Halle en 1754.[4]

Analizou e divulgou os obstáculos que impiden á muller estudar, ser ama de casa e coidar da familia.[6]

Foi a nai do naturalista Johann Christian Erxleben (1744-1777).[1]

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 Schiebinger, Londa (1990): "The Anatomy of Difference: Race and Sex in Eighteenth-Century Science", en Eighteenth Century Studies 23 (3): 387-405.
  2. Sutherland, M. (1985): Mujeres que enseñan en Universidades (Trentham Books) p. 118.
  3. "Erxleben, [née Leporin] Dorothea (Christiana)" no The Palgrave Macmillan Dictionary of Women's Biography.
  4. 4,0 4,1 Offen, K. 2000. European Feminisms, 1700-1950: A Political History, Stanford University Press, p. 43.
  5. Sutherland, M. 1985. ''Mujeres que enseñan en Universidades (Trentham Books) p. 118.
  6. Sutherland, M. 1985. Women Who Teach in Universities (Trentham Books) p. 118.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Marilyn Bailey Ogilvie (1985): Women in Science: Antiquity Through the Nineteenth Century: a Biographical Dictionary with Annotated Bibliography. Cambridge, Massachusetts, U.S.: MIT Press. ISBN 978-0-2626-5038-0.

Outros artigos

editar