Donkey Xote
Donkey Xote é unha película de animación en 3D hispano-italiana de 2007 dirixida por José Pozo e producida por Filmax Animation e Lumiq Studios. O guión da película baséase na segunda parte de Don Quixote da Mancha. Tamén foi a primeira película de animación española que contou cunha vinculación de videoxogos.
Donkey Xote | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Donkey Xote |
Director | José Pozo |
Produtor | Fabio Massimo Cacciatori Julio Fernández Sergio Toffetti Franco Bevione |
Guión | Ángel E. Pariente |
Baseado en | Don Quixote da Mancha de Miguel de Cervantes |
Intérpretes | Andreu Buenafuente José Luis Gil Sancho Gracia David Fernández Sonia Ferrer Jordi González Luis Posada |
Música | Andrea Guerra |
Montaxe | Félix Bueno |
Estudio | Filmax Animation Lumiq Studios Acción Media Don Quijote De La Mancha 2005, S.A. Bren Entertainment, S.A. Castelao Productions, S.A TVE |
Distribuidora | Filmax |
Estrea | 5 de decembro de 2007 5 de decembro de 2007 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | España Italia |
Xénero | Animación |
Orzamento | 13 millóns de euros |
Recadación | 12 millóns de euros |
Na rede | |
http://donkeyxote.filmax.com | |
A película estreouse en España o 5 de decembro de 2007 e foi dobrada a catro linguas (castelán, catalán, galego e éuscaro).[1][2][3][4][5]
Sinopse
editarO estraño grupo composto por Don Quixote, o seu escudeiro Sancho (en realidade é moi rico), o burro Rucio (que pretende ser un cabalo) e o verdadeiro cabalo, Rocinante, emprenden unha viaxe para se bateren en dó co "Cabaleiro da Lúa". Se Quixote o vence, o Cabaleiro revelaralle a verdadeira historia de Dulcinea.
Elenco
editarPersonaxe | Actor orixinal | Actor de dobraxe | Actor de dobraxe |
---|---|---|---|
Narrador | Ellen Gould | Jordi Gónzalez | – |
Don Quixote | Steve Salazar | José Luis Gil | Luis Iglesia |
Sancho Panza | James Phillips | Andreu Buenafuente | Carlos Couso |
Rucio | Joe Lewis | Luis Posada | Víctor Mosqueira |
Rocinante | Robert Paterson | David Fernández | Evaristo Calvo |
Sansón Carrasco/Sinistro | Carlton Bacon | Sancho Gracia | Roberto Reboiro |
Dulcinea/Cabaleiro Media Lúa | Inés Moraleda | Sonia Ferrer | Luisa Fernández-Miranda |
Galo James | Joshua Zamrycki | Xavier Fernández | Raúl Dans |
Duquesa | Sarah Davison | María Luisa Solá | María Liaño |
Egua/Matón | – | Manuel Ceinos | José Manuel Rodríguez |
Altisadora | Molly Malcolm | Alicia Laorden | Nora Abad |
Teresa Panza | – | Gloria Gónzalez | |
Remixio "Globus" | – | Javier Amilibia | Xosé Tanas |
Peter o panadeiro | – | José Antonio Cerdán | Chema Gagino |
Servo | – | Toni Solanes | Xerardo Couto |
Ficha de dobraxe | |
---|---|
Director | Chema Gagino |
Estudio | Studio XXI S.L. (A Coruña) |
Notas
editar- ↑ "ABC MADRID 07-12-2007 página 59 - Archivo ABC". abc. 2019-09-05. Consultado o 2024-11-18.
- ↑ "ABC MADRID 07-12-2007 página 83 - Archivo ABC". abc. 2019-09-05. Consultado o 2024-11-18.
- ↑ "Avui. 5/12/2007.". Digitized newspapers. Consultado o 2024-11-18.
- ↑ "Avui. 5/12/2007.". Digitized newspapers. Consultado o 2024-11-18.
- ↑ "La Voz de Galicia". Consultado o 18 de novembro de 2024.