Donkey Kong Country 3: Dixie Kong's Double Trouble!

videoxogo de 1996

Donkey Kong Country 3: Dixie Kong's Double Trouble! (estreado no Xapón como Super Donkey Kong 3: Mysterious Kremis Islands (スーパードンキーコング3 謎のクレミス島 Sūpā Donkī Kongu Surī Nazo no Kuremisu Tō?) é un videoxogo de plataformas de 1996 desenvolvido por Rare e publicado por Nintendo para Super Nintendo Entertainment System (SNES). Foi lanzado en novembro de 1996 en América do Norte e o Xapón, e o 13 de decembro en Europa e Australia. É o terceiro título da serie de videoxogos Donkey Kong Country e serve como secuela directa de Donkey Kong Country 2: Diddy's Kong Quest. Foi relanzado para a consola Game Boy Advance (GBA) en 2005. O xogo estivo dispoñible para a súa descarga na Virtual Console de Wii en 2007, así como para a Virtual Console de Wii U en 2014.

Donkey Kong Country 3: Dixie Kong's Double Trouble!
Logo do videoxogo.
Desenvolvedor(es)Rare
Distribuidora(s)Nintendo
Director(es)Tim Stamper[1]
Produtor(es)Andrew Collard[1]
Deseñador(es)Andrew Collard[1]
Paul Weaver[1]
Artista(s)Mark Stevenson[1]
Neil Crook[1]
Compositor(es)Eveline Fischer[1]
Lanzamento18 de novembro de 1996
XéneroPlataformas
Modos de xogoUn xogador e multixogador
Clasificación PEGI
CERO
USK
Plataforma(s)Super Nintendo Entertainment System
Game Boy Advance
SerieDonkey Kong
Na rede
http://rare.co.uk/recent/games/dkc3/
Youtube: UCIdqYAWh_i7xhkLHAfNepMQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A trama céntrase en Dixie Kong e o seu curmán, Kiddy Kong, nos seus intentos por salvar a Donkey Kong e a Diddy Kong do antagonista da serie King K. Rool. O xogo está ambientado no "Northern Kremisphere", unha versión ficticia de norte de Europa e o Canadá. Dixie Kong's Double Trouble! utiliza a mesma tecnoloxía Silicon Graphics dos seus predecesores, que inclúe o uso de prerenderizado de imaxes 3D. O xogo recibiu críticas positivas logo do seu lanzamento; os críticos eloxiaron as imaxes e varios aspectos do xogo, pero a maioría estaban divididos sobre a banda sonora do mesmo.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Rare (1996). Donkey Kong Country 3: Dixie Kong's Double Trouble! instruction manual. Nintendo. pp. 1–27. 

Ligazóns externas editar