Rare

desenvolvedor británico de videoxogos

Rare Limited é unha empresa británica de desenvolvemento de videoxogos e estudio de Xbox Game Studios que ten a súa sede na localidade de Twycross, en Leicestershire. Os seus xogos abranguen os xéneros de plataformas, disparos en primeira persoa, acción e aventuras, loita e carreiras. Entre os seus títulos máis populares atópanse as series Battletoads, Donkey Kong e Banjo-Kazooie, así como os títulos GoldenEye 007 (1997), Perfect Dark (2000), Conker's Bad Fur Day (2001), Viva Piñata (2006) e Sea of Thieves (2018).

Rare

Tipodesenvolvedora de videoxogos Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicasociedade por accións e empresa privada Editar o valor en Wikidata
Obra salientableBattletoads Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Propietario/aXbox Game Studios Editar o valor en Wikidata
Fundador/aTim Stamper e Chris Stamper (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
MatrizXbox Game Studios e Microsoft Editar o valor en Wikidata
Precedido porUltimate Play The Game Editar o valor en Wikidata
Actividade
Industriaindustria dos videoxogos Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1985 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Localización
Mapa
 52°38′N 1°29′O / 52.63, -1.49
PaísReino Unido Editar o valor en Wikidata
SedeTwycross (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de formaciónAshby-de-la-Zouch (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBrare.co.uk Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: RareLtd Twitter: RareLtd Instagram: rareltd Youtube: UCJqdvIL9boKz6cXEdcx6V1w Musicbrainz: 98bffe5e-dbae-43b2-801a-abc623e1429b Discogs: 203130 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Historia

editar

Os irmáns Tim e Chris Stamper, quen tamén fundaron Ultimate Play the Game, estabeleceron Rare en 1985. Durante os seus primeiros anos, Rare contou co respaldo dun xeneroso orzamento de Nintendo, concentrado principalmente nos xogos de Nintendo Entertainment System (NES). Durante este tempo, Rare creou xogos exitosos como Wizards & Warriors (1987), R.C. Prol-Am (1988) e Battletoads (1991). Rare chegou a converteuse nun destacado desenvolvedor secundario de Nintendo, que chegou a posuír unha gran participación minoritaria na empresa, co lanzamento de Donkey Kong Country (1994). Ao longo da década de 1990, comezou a vender os seus xogos co nome comercial Rareware e recibiu recoñecemento internacional e eloxios da crítica por xogos como a serie Donkey Kong Country, Killer Instinct (1994), GoldenEye 007, Banjo-Kazooie (1998), Perfect Dark (2000) e Conker's Bad Fur Day (2001).

En 2002, Microsoft adquiriu Rare, que conservou a súa marca, logotipo e a maioría das propiedades intelectuais orixinais. Dende entón, Rare centrouse en desenvolver xogos exclusivamente para as consolas de videoxogos de Microsoft, incluídos Grabbed by the Ghoulies (2003), Kameo (2005), Perfect Dark Zero (2005) e Viva Piñata (2006). En 2007, os Stamper deixaron Rare para buscar outras oportunidades e, en 2010, o enfoque da compañía cambiou ao Xbox Live Avatar e ao Kinect, lanzando tres xogos de Kinect Sports. En 2015, Rare desenvolveu Rare Replay, unha compilación exclusiva de Xbox One que contén 30 dos seus xogos para celebrar o seu 30 aniversario. O xogo máis recente de Rare, Sea of Thieves, lanzouse en 2018.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar