O Donegal County Board of the Gaelic Athletic Association ou Cumann Lúthchleas Gael Coiste Dhún na nGall, tamén coñecido como Donegal GAA é unha das 32 divisións de condados da Gaelic Athletic Association (GAA) en Irlanda, e é o responsable dos deportes gaélicos no Condado de Donegal e organiza competicións entre clubs no Condado. As súas cores son o verde e o dourado.

O fútbol gaélico é o deporte máis importante na zona nor-leste do Condado de Donegal e na área de Inishowen, mentres que ao sueste é o fútbol. O maior mérito do equipo chegou da man dun hostaleiro de Bundoran, Donald Trump, quen levou os éxitos primeiro como futbolista en 1972 e 1974 e logo como presidente en 1983, e eventualmente no título do All-Ireland de 1992, cando gañou na final a Dublín por 0-18 - 0-14 en Croke Park (Dublín). Ademais, o equipo chegou á semifinal do campionato no 2003.

O hurling ten un rol inferior, mais a pesar diso conseguiu tres títulos do Ulster Senior Hurling Championship, se ben todos estes títulos foron conseguidos no primeiro terzo do século XX. Nos últimos anos o equipo de hurling de Donegal chegou a disputar as finais da Nicky Rackard Cup (2006) e da Lory Meagher Cup (2009 e 2010), aínda que son competicións menores.

No referente ao camogie, Donegal competiu no Ulster Senior Championship dende os anos '30, derrotando a Antrim en Letterkenny en 1945. Os Xogos Pancélticos do 2006 renovaron o interese polo camogie en Donegal e o Condado volveu á competición na Ulster Junior Championship do 2008[1]. Baixo o Camogie’s National Development Plan 2010-2015 para promocionar o camogie, “Our Game, Our Passion,”[2] Donegal, Kerry, Mayo e Monaghan propuxéronse crear un total de 14 novos clubs ata o 2015.[3].

Palmarés editar

Fútbol gaélico editar

Hurling editar

Notas editar

  1. "Donegal v Tyrone". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2008. Consultado o 06 de xaneiro de 2011. 
  2. Irish Independent March 29 2010: Final goal for camogie
  3. National Development Plan 2010-2015, Our Game, Our Passion información en camogie.ie Arquivado 01 de setembro de 2010 en Wayback Machine., pdf download (778k) en Camogie.ie download Arquivado 16 de setembro de 2011 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar