Asociación Atlética Gaélica

(Redirección desde «GAA»)

A Asociación Atlética Gaélica (en inglés Gaelic Athletic Association (GAA); en irlandés Cumann Luthchleas Gael) é unha asociación deportiva e cultural irlandesa. Esta asociación fomenta e organiza competicións deportivas de deportes de tradición irlandesa, principalmente o hurling e o fútbol gaélico, en categorías masculina e feminina.[1]

Asociación Atlética Gaélica
Instancia defederación deportiva internacional Editar o valor en Wikidata
Subclase deasociación deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol gaélico Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Data
Fundación1884 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 53°21′40″N 6°14′57″O / 53.361231, -6.249131
SedeCroke Park Editar o valor en Wikidata
Área de operaciónmundial Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Páxina WEBgaa.ie Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: officialgaa Twitter: officialgaa Instagram: officialgaa Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A GAA promove, amais, a música e as danzas tradicionais de Irlanda, así como a lingua irlandesa.

Historia

editar

Fundada en 1884, a GAA é actualmente a principal asociación deportiva de Irlanda. Posúe regras estritas acerca da condición de afeccionados dos xogadores. A categoría máis alta de competición é a All-Ireland Final, disputada entre os condados de Irlanda. Tanto o hurling coma o fútbol gaélico, principais deportes da asociación, son moi antigos. As primeiras referencias escritas do hurling datan do século V. Pola súa parte, crese que o fútbol gaélico provén do caid, o antigo fútbol irlandés, que se remonta ao 1537, aínda que o regulamento moderno data de 1887.

Deportes

editar

A GAA regula, en total, os seguintes deportes:

  • O hurling (Iománaíocht ou Iomáint), practicado exclusivamente por homes.
  • O fútbol gaélico (Peil Ghaelach, Peil ou Caid).
  • O camogie (Camógaíocht), similar ao hurling mais practicado por mulleres.
  • A pelota irlandesa (Liathróid láimhe), no que se golpea unha pelota contra un frontón, de xeito similar á eusko pilota en Euskal Herria ou á pilota valenciana no País Valencià.
  • O rounders (cluiche corr), que consiste en golpear unha bóla pequena e dura forrada de coiro cun bate de madeira, plástico ou metal arredondado no extremo. É o antecedente do béisbol moderno.
  1. http://www.gaa.ie Páxina oficial da Asociación Atlética Gaélica (en inglés)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar