Donald Sloan

baloncestista estadounidense

Donald Sloan, nado o 15 de febreiro de 1988 en Shreveport, Louisiana, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Guangdong Southern Tigers da Chinese Basketball Association (CBA).

Donald Sloan
Guangdong Southern Tigers
Información persoal
Nacemento 15 de febreiro de 1988 (36 anos)
Shreveport, Estados Unidos
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Posición Base / Escolta
Información da carreira
Instituto Seagoville HS
Universidade Texas A&M (2006–2010)
Carreira 2010−presente
Historial de equipos
Reno Bighorns (2010−2011)
Barangay Ginebra Kings (2011)
Erie BayHawks (2011)
Atlanta Hawks (2011−2012)
New Orleans Hornets (2012)
Erie BayHawks (2012)
Cleveland Cavaliers (2012)
Sioux Falls Skyforce (2013)
New Orleans Hornets (2013)
Guangdong Southern Tigers (2013)
Indiana Pacers (2013−2015)
Brooklyn Nets (2015−2016)
Guangdong Southern Tigers (2016−2017)
Texas Legends (2017−2018)
Guangdong Southern Tigers (2018−presente)

Traxectoria editar

Sloan xogou para os Sacramento Kings na liga de verán de 2010[1] e pouco despois asinou con eles un contrato dun ano. Porén, foi despedido antes do comezo da tempada.

En decembro de 2011, asinou un contrato cos Atlanta Hawks tras facer os adestramentos de pretempada con eles, e entrou no equipo para o comezo da tempada 2011-12. Debutou na NBA nun partido de tempada regular en xaneiro de 2012 cos Atlanta Hawks. Nese mesmo mes, foi despedido polos Hawks.[2]

O 8 de febreiro de 2012, asinou un contrato de dez días cos New Orleans Hornets.[3] Cando rematou ese contrato, os Hornets decidiron non ofrecerlle outro,[4] e fichou polos Cleveland Cavaliers pouco máis tarde, o 16 de marzo. O 25 de decembro de 2012, foi cortado polos Cavaliers.[5]

O 3 de xaneiro de 2013, fichou polos Sioux Falls Skyforce da NBA Development League.[6]

O 7 de xaneiro de 2013, asinou un contrato de dez días cos New Orleans Hornets.[7][8]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar